Amosando publicacións coa etiqueta 13-14. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 13-14. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de febreiro de 2014

SESIÓN DE CONTOS CON MÚSICA
O 14 de febreiro, os alumnos de 5 anos, 1º e 2º de educación primaria recibiron a visita de Alex e Patricia.
Álex é un músico simpático que viaxa sempre con moitísimos instrumentos; con eles ponlles música aos relatos. O seu instrumento favorito é un que asemella estar vivo e mesmo respira, trátase dun acordeón.
A Patricia gústalle moito ler e leva na súa maleta moitas historias que lle encanta compartir.
Este día achegáronnos historias como Imos cazar un oso, Onde viven os monstros, No bosque, Boas noites, bufo... cos que pasamos unha xormada fantástica.

 

martes, 4 de febreiro de 2014

CONTO VIAXEIRO

O Concello das Pontes, a través do seu departamento de Normalización Lingüística, propúxonos aos centros de primaria da localidade unha actividade colaborativa que consistiu en elaborar un conto entre alumnos de diversos centros.
Ás nenas e nenos de 3º e 4º do colexio Santa María tocounos inaugurar as sesións de traballo, buscar o protagonista e poñerlle o nome.
Se queredes descubrir as aventuras que argallamos entre todos, premede aquí e poderedes visualizar o conto e o videoconto.

xoves, 19 de setembro de 2013

BENVIDA AO CURSO 2013-14

Ola!

Queremos darvos a benvida a tod@s para este novo curso e para unha nova andaina da vosa biblio.


Ante todo, darvos as grazas pola vosa magnífica participación e colaboración no pasado curso.


Este ano teremos, coma sempre, moitas actividades para animarvos nas vosas lecturas.