Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ciencia. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de febreiro de 2024

Iniciativa 11F

 Bo día Lililector@s:

Para celebrar o Día da Nena e a Muller na Ciencia, sumámonos á iniciativa 11F. É unha plataforma que permite a científicas de calquera ámbito atopar a centros interesados, coma o noso, en recibir unha charla sobre o seu traballo ou outra temática relacionada co seu ámbito de estudo. Nós recibimos a Mariluz, investigadora da Universidade de Vigo cuxos traballos están relacionados coa auga e os efectos desta na paisaxe e o territorio. Despois de explicarnos o seu traballo, os instrumentos e o laboratorio, fixemos unha pequena práctica para analizar auga que nós mesm@s recolléramos.

Moitas grazas pola visita!



martes, 8 de novembro de 2022

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

Ola Lililector@s!

Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Na entrada da biblioteca temos un recuncho con algúns dos libros de CIENCIA en GALEGO que temos na Biblioteca.


Un saúdo!!!

martes, 15 de febreiro de 2022

ADA MAGNÍFICA, CIENTÍFICA

 Bo día, Liliseparador@s!

O 11 de febreiro celebrouse o DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA co obxectivo de lograr o acceso pleno e equitativo das mulleres e as nenas na ciencia. Dende o cole traballamos o conto "Ada magnífica, científica"

Sabiades que Ada Marie, a protagonista desta historia colle o seu nome de dous grandes científicas? Marie Curie, cuxo traballo conduciu á invención dos raios X, e a matemática Ada Lovelace, recoñecida como a primeira programadora de ordenadores.


Ada Magnífica, científica móstranos a unha nena que ten un desexo insaciable de atopar respostas a todas as súas preguntas. Espero que con esta actividade, do mesmo xeito que Ada, experimentedes co proceso para conseguilas: pensar, preguntar, ensaiar e eliminar... 







Así quedou a nosa biblio. PARABÉNS!!!







mércores, 17 de novembro de 2021

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Bo día, Liliseparador@s!

"A biblioteca escolar ten a palabra! quere poñer o foco na palabra e na oralidade, sen esquecer que os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou información axudan ao alumnado a medrar donos da linguaxe, é a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento; tamén de coñecemento científico.



Como o ano pasado traballamos moito a ciencia, preparei un recuncho con libros desta temática, para que volvades recordar e experimentar. Espérovos na biblio!!!





xoves, 22 de outubro de 2020

NOVIDADES

Bos días, Lilicientíficos.

Xa temos os libros de Ciencia, preparados para seguir en novembro co reto lector, no novo expositor de biblioteca.






mércores, 17 de xuño de 2020

A CIENCIA NON ESTÁ SÓ NOS LIBROS

Bos días a todos! Un dos libros que máis gustaron este curso foron os de ciencias, de aí que se lle adicara un mes durante o reto lector.
 O libro dos SUPERPREGUNTÓNS ensínanos como facer ciencia na casa, así que os rapaces e rapazas de 5º estiveron experimentando. Mirade a de cousas que aprenderon!


Experimento feito por Estrella: O ovo en vinagre.


O ovo ten que estar dous días en vinagre. Despois deses días ponse tan brando que rebota, pero non dende moita altura, que se rompe! E na escuridade...é fluorescente!!


Experimento feito por Xoel: 



Mezclamos unha gota de deterxente no vinagre xunto con colorante alimentario. Ao botarlle bicarbonato de sodio, xera un gas chamado dióxido de carbono, que forma burbullas no vinagre. A escuma resulta da reacción que producen estas burbullas de gas e o deterxente. A reacción das tres sustancias xuntas é tal, que a escuma sae pola boca da botella.

Mariña experimentou a presión do aire cara abaixo.



Claudia, O puño do xenio.


E Bruno López fixo un extintor caseiro!!



 
Por último este é o experimento máxico de Pablo