Amosando publicacións coa etiqueta Día Mundial da Saúde. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Mundial da Saúde. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de abril de 2022

XINCANA DÍA DO LIBRO- DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 Bo día, Liliseparador@s!

Esta semana fixemos unha xincana traballando así o Día Mundial da saúde e o Día do libro. Esta consistía en ir superando estacións con probas físicas e obtendo así cartas de gamificación de monstros que ameazan o noso planeta. Grazas ao xogo cooperativo conseguistes un agasallo para a vosa biblioteca de aula.

Só heroes e heroínas ambientais como vós podedes derrotalos!!! 



PARABÉNS LILISEPARADOR@S!

mércores, 7 de abril de 2021

XOGAMOS COS ALIMENTOS PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 Ola, Lilicientífic@s!

No ano 1948, a Asemblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de abril como Día Mundial da Saúde. Esta data foi escollida en conmemoración á fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos sans nas persoas.

Como este ano estamos inmersos na biblioteca creativa, na ciencia, e nas novas tecnoloxías, que mellor maneira de experimentar todo isto empregando os códigos QR.