Amosando publicacións coa etiqueta realidade aumentada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta realidade aumentada. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de xaneiro de 2023

Biblioteca Creativa

Este curso tamén formamos parte do programa de BIBLIOTECA CREATIVA.

bc 

Grazas a participar en cursos anteriores conseguimos materiais moi chulos que seguimos empregando para aprender.

Por exemplo, esta semana, o alumnado de 4º de Primaria baixou a biblioteca para aprender máis sobre o aparello dixestisvo empregando a camiseta de realidade aumentanda e o IPad. 




luns, 24 de maio de 2021

APRENDEMOS COA TABLETA

Bos días, Lilicreativ@s!

Nesta ocasión levei ás aulas de E. Infantil, a realidade aumentada. Empregamos a apliación Miaotu World para coñecer os animais salvaxes. 








Tamén utilizamos o Merge cube para crear un ambiente realista da vida dos dinosaurios.


Empregamos a aplicación Quiver para traballar o conto Lola e as 21 vacas e aprender máis dos animais domésticos.








mércores, 10 de marzo de 2021

BIBLIO CREATIVA E NOVAS TECNOLOXÍAS

 Bos días, Lilicientífic@s!

Xa sabedes que este ano, a nosa biblio entrou no programa de Bibliotecas Creativas, e andamos argallando unha morea de cousas novas relacionadas coa CIENCIA: que si astronomía, anatomía...  Unha delas é o traballo de realidade aumentada coa nosa nova tableta da biblio. Unha nova forma de aprender e divertirse a través das novas tecnoloxías.

Mirade cantas cousas fixemos!

Saímos ao patio a mirar as constelacións e os planetas que hai xusto enriba do noso cole...





e hasta miramos o interior do corpo humano!!