Amosando publicacións coa etiqueta 18-19 Liliarte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 18-19 Liliarte. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de xuño de 2019

MALETA INCLUSIVA

Unha nova maleta viaxeira chegou ao noso cole desde Bibliotecas Escolares, pero esta vez era especial pola temática dos seus libros: a inclusión. Cada curso escolleu un libro para traballalo na clase na Hora de Ler. Aquí podedes ver unha pequena mostra.




Os nenos de 2.º reflexionaron sobre a aceptación dun mesmo.



Os nenos de 6.º adentráronse na aprendizaxe da lingua de signos.

Esta maleta deunos moito que pensar!

mércores, 5 de xuño de 2019

VISITA DOS NENOS DE 5 ANOS-B DO CEIPP A MAGDALENA


Os nenos de 5 anos recibiron  a visita dos seus compañeiros do colexio da Magdalena. Explicáronlles todo o que aprenderon sobre Kandinsky e fixeron a súa interpretación da obra Cadrados e círculos concéntricos que podedes ver na fotografía en forma de árbore.





Mirade que bonita quedou a porta da súa clase!!!

LECTURAS CON MOITA ARTE PARA EMOCIONARTE





















martes, 4 de xuño de 2019

VISITA DE BENXAMÍN MÍGUEZ

O día 2 de xuño recibimos na nosa biblioteca a Benxamín Míguez quen nos contou tres marabillosas historias. Os nenos foron os protagonistas dos seus contos e das súas ilustracións. Nestas imaxes podemos velos en acción.





 Canto nos gustaron os seus relatos!

mércores, 29 de maio de 2019

ROMERO BRITTO

Os nenos de 6.º de Primaria fixeron as súas propias recreacións sobre a obra do pintor brasileño Romero Britto.






PIET MONDRIAN

Os nenos de 5.º de Primaria prepararon a exposición de Piet Mondrian.








PAUL KLEE

Sobre Paul Klee  fixeron os seus traballos os nenos de 3.º de Primaria.























































VINCENT VAN GOGH

En 1.º de Primaria mostraron a súa creatividade coa obra de Van Gogh.





JOAN MIRÓ


Os nenos de 2.º apaixonáronse coa obra de Joan Miró.







WASSILY KANDINSKY


En Educación Infantil traballaron a Wassily Kandinsky.




ANDY WARHOL


Andy Warhol inspirounos esta Rosalía de Castro pop-art.

 


DIEGO VELÁZQUEZ


Os alumnos de 4.º afondamos na obra de Velázquez.
 

 



martes, 28 de maio de 2019

MUSEO SANTA MARÍA LILIARTE

O traballo de todo o ano, coordinándonos con Dinamización Lingüística a través do seu proxecto de innovación EscolARTE, quedou reflectido  na creación do noso museo. Os corredores convertéronse en galerías de arte nos que quedaron expostos as magníficas creacións do noso alumnado.


Así de bonita quedou a entrada ao noso museo cos cadros máis representativos dos pintores galegos traballados.

Nos próximos días teremos a visita dos compañeiros doutros colexios da localidade.

martes, 21 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS

O festival das Letras Galegas xirou este ano en torno a dous eixos: a pintura, polo noso proxecto Liliarte, e Antón Fraguas, o autor homenaxeado.



O noso recuncho das Letras Galegas quedou situado á entrada da nosa biblioteca.



mércores, 8 de maio de 2019

XOGO KAHOOT MONDRIAN

Os nenos e nenas de 5.º de primaria crearon este xogo para averiguar os coñecementos que tedes sobre Piet Mondrian.


https://create.kahoot.it/share/piet-mondrian/ef9ebfdd-6056-4362-b7ca-6548a3ce7c22

 A xogar!!!

luns, 6 de maio de 2019

ANIMACIÓN Á LECTURA

O 30 de abril tivemos a sorte de contar de novo con Erica González que fixo voar a imaxinación dos nosos artistas a través dos contos.















Moitas grazas, Erica!

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O día 2 de maio conmemórase o Día Mundial Contra o Acoso Escolar para concienciar sobre este problema que afecta a escolares de todo o mundo.

Lili recomenda estes dous libros da nosa biblioteca.