Amosando publicacións coa etiqueta Mochilas viaxeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mochilas viaxeiras. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de outubro de 2023

Día das Bibliotecas Escolares

Este curso celebramos o día das bibliotecas escolares abrindo as portas da nosa biblioteca e mostrando os libros da mochila viaxeira. O alumnado accedeu con un billete cara o futuro. Nesa viaxe tiveron que facer un xogo de pistas respondendo a preguntas sobre o funcionamento da biblioteca adaptadas ao seu nivel.

Se queredes ver máis fotos pulsade na imaxe




luns, 1 de novembro de 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Ola, Liliseparador@s!

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas: ler, aprender, descubrir" céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos. 

Nós non quixemos deixar de festexalo cun xogo de pistas. Espero que o pasásedes xenial. Tamén aproveitamos a ocasión para repartir as mochilas viaxeiras.

 


mércores, 30 de xaneiro de 2019

XA CHEGARON AS NOVAS MOCHILAS VIAXEIRAS!

No noso cole hai moi bos lectores, e as pequenas mochilas de infantil estaban moi deterioradas.
Lili, que sempre  está moi atenta, encargou unhas novas para que poidamos seguir levando os libros para a casa.






Boas lililecturas viaxeiras!!!


luns, 26 de decembro de 2011

COMEZAN A SÚA VIAXE...AS MOCHILAS VIAXEIRAS

O 2 de decembro comezaron a súa andaina, un ano máis, as mochilas viaxeiras.
Para os máis pequenos, os maiores, as familias, os mestres... para todos! Saen as mochilas viaxeiras, pensadas para reforzar os vínculos entre escola e familia, no seu labor común de crear e consolidar hábitos de lectura. De cada sete días irán alternando de compañeiros de viaxe.