Amosando publicacións coa etiqueta Reto lector. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Reto lector. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de xuño de 2026

As recompensas do curso

Coma outros anos pechamos o curso na biblio facendo entrega das recompensas aos nenos e nenas que participaron nas distintas actividades que propuxemos:

A aqueles e aquelas que completaron o reto lector:

A aqueles e aquelas que cada mes levaron a cabo un reto do LiliSteam:
Para aqueles e aquelas que participaron no Club de Lectura "Lili Lin Club:

E, por suposto, unha dedicatoria e unha aperta anfibia para os voluntarios e voluntarias deste curso, moitísimas grazas polo voso traballo!

xoves, 19 de xuño de 2025

As nosas recompensas

 Ola a tod@s @s lileir@s!

Rematamos o curso esta semana. Estes últimos días de clase foron para recordar, recompilar e tamén para agradecer a vosa participación nas actividades da biblioteca.

Nun dos recreos quedámonos un anaquiño máis para darlles un cariño a todos os nenos e a todas as nenas que remataron o reto lector.

Tamén tiveron recompensa os voluntarios e voluntarias deste curso. 

E, finalmente, fixemos un reto Steam especial para o alumnado que superou os retos en todos os meses anteriores.

luns, 8 de maio de 2023

Reto lector maio

 Chegamos o último reto lector do curso. Como sabedes no mes de maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, polo que este mes o noso reto será libros en lingua galega.



xoves, 30 de marzo de 2023

Reto lector ABRIL

 Bo día Lililector@s!!!

Á volta xa estaremos no mes de abril.Quedan pouquiños retos lectores. Seguindo co noso proxecto deste curso: COIDÁMONOS CON LILI,o reto será....



HÁBITOS SAUDABLES. Xa sabemos que hai moitas cousas importantes para estar sanos: unha boa alimentación, practicar exercicio físico, un bo estado emocional, a hixiene, un uso axeitado das tecnoloxías....

martes, 28 de febreiro de 2023

Reto lector de marzo

 Seguimos co reto lector...No mes de marzo...


Xa temos na entrada da biblioteca algún libro de poesía, tanto en galego como en castelán.



Tod@s a completar o reto do mes de marzo!!!

luns, 30 de xaneiro de 2023

Reto lector febreiro

 Boa tarde Lililector@s!

A falta dun día para que remate o reto lector de xaneiro...xa temos todo preparado para o seguinte reto...








luns, 9 de xaneiro de 2023

Reto xaneiro

 Feliz ano Lililector@s!!!

Recordade que continuamos co RETO LECTOR este mes seguimos con SAÚDE MENTAL E EMOCIONAL. 

Na entrada da biblioteca temos algunhas suxerencias.



mércores, 30 de novembro de 2022

Reto lector decembro e xaneiro

 Ola lililector@s!

Hoxe remata novembro e tamén o reto lector de INGLÉS. O próximo reto lector que comeza mañá será:


Xa tedes libros na entrada da biblioteca sobre a temática.


Un saúdo.


mércores, 2 de novembro de 2022

Reto lector novembro

 Bo día lililector@s!!!

Xa chegou novembro e cambiamos  de reto lector. Este mes temos que ler algún libro en INGLÉS. Na entrada da biblioteca xa temos preparados un montón de libros pero dentro temos moitos máis.

Animádevos a seguir co RETO LECTOR!!!

mércores, 19 de outubro de 2022

Reto lector

Ola outra vez Lililector@s!!
Recórdovos que seguimos co RETO LECTOR de outubro. Na entrada da Biblioteca temos un montón de libros da primeira temática.

Animádevos a participar!!!!
Un saúdo

xoves, 6 de outubro de 2022

Reto lector outubro

Bo día lililector@s!!!
Como xa sabedes o primeiro reto lector deste curso é.....O MEDO


 

Dende o luns, xa temos aberta a Biblioteca.

Un saúdo!!!

mércores, 28 de setembro de 2022

Reto lector

 Bo día lililector@s!

Coa chegada de outubro comezará un curso máis o noso reto lector.

Descubre un pouquiño máis sobre o primeiro reto resolvendo este sinxelo BREAKOUT

BREAKOUT RETO LECTOR

Unha aperta rapaces e rapazas

luns, 2 de maio de 2022

RETO LECTOR MAIO

 Bo día, Liliseparador@s!

Xa comezou maio e como xa sabedes cambiamos o reto lector. Este mes adicámosllo a autor@s galeg@s e homenaxead@s nas Letras Galegas. Espero que vos guste a miña selección. Recordade que todavía estades a tempo de engadir a vosa suxestión na entrada da biblioteca.

Adiante coas últimas lecturas!!!



martes, 5 de abril de 2022

RETO LECTOR ABRIL

 Bo día, Liliseparador@s!

Xa estamos en abril, e este mes o noso reto lector está adicado ao MEDIO AMBIENTE. Este é un sistema formado por elementos naturais e artificiais que están interrelacionados e que son modificados pola acción humana. 

Coidar o medio ambiente é algo que debemos aprender dende pequen@s para protexer o mundo no que vivimos de aí a importancia de reciclar, aforrar enerxía, coidar a natureza...

Déixovos este recuncho preparado para que aprendamos coa lectura a coidar o noso planeta e a facelo sostible.



luns, 7 de marzo de 2022

RETO LECTOR MARZO-PROXECTO DÍA POESÍA

 Bo día, Liliseparador@s!

Xa comezamos un novo mes, e seguindo co reto lector tócanos... poesía. Grazas a esta podemos expresar emocións e utilizar a linguaxe dunha forma libre. Mirade que cousa estamos argallando para o DÍA DA POESÍA empregando os libros da nosa biblio. 

Como sempre, déixovos no recuncho da entrada as miñas recomendacións. 


 ADIANTE LILIPOETAS E LILIPOETISAS!!!

martes, 1 de febreiro de 2022

READER CHALLENGE FEBRUARY

 Ola Lililector@s!

Xa teño preparada a mesa con libros en inglés. Este mes de febreiro seguindo co reto lector preséntovos unha morea de libros para que practiquedes os vosos coñecementos nesta materia.

 Adiante coas lecturas!!!


Hello, Lilireaders!

I have already set the table with books in English. This February, following the reading challenge, I present to you a lot of books for you to practice your knowledge in this subject.

Go ahead with the readings !!!



mércores, 1 de decembro de 2021

RETO LECTOR DECEMBRO-XANEIRO

 Bo día, Liliseparador@s!

Comeza decembro, queda a vosa disposición o recuncho na entrada coas recomendacións de arte e creatividade para que continuedes co reto lector.

Recordade, despois de lelo, ir á biblioteca na vosa quenda para selalo.



mércores, 3 de novembro de 2021

RETO LECTOR

 Bo día, Liliseparador@s!

Comezamos un novo mes e polo tanto unha nova temática no noso reto lector, a reciclaxe. Déixovos aquí a miña proposta. Espero que con estas lecturas aprendamos a coidar o noso planeta. Só temos un!!!



domingo, 3 de outubro de 2021

RETO LECTOR OUTUBRO

Bos días, Liliseparador@s
Cada vez temos máis Lililector@s apaixonad@s do reto lector. Este último curso foi un éxito de participación. 
Comezamos outubro e como xa está próximo o SAMAGOSTEEN, a temática de este mes é, o medo. Recordade, despois de lelo, ir á biblioteca no voso turno para selar o reto.

Adiante coas lecturas, vémonos na biblio!!

martes, 4 de maio de 2021

RETO LECTOR MAIO

 Bos días, Lililector@s!

Xa estamos en maio, e como ben sabedes, cambiamos o noso reto lector. Tocan lecturas de libros de autor@s galeg@s. 

ADIANTE COAS LECTURAS!!!