xoves, 25 de xuño de 2026

As recompensas do curso

Coma outros anos pechamos o curso na biblio facendo entrega das recompensas aos nenos e nenas que participaron nas distintas actividades que propuxemos:

A aqueles e aquelas que completaron o reto lector:

A aqueles e aquelas que cada mes levaron a cabo un reto do LiliSteam:
Para aqueles e aquelas que participaron no Club de Lectura "Lili Lin Club:

E, por suposto, unha dedicatoria e unha aperta anfibia para os voluntarios e voluntarias deste curso, moitísimas grazas polo voso traballo!

Fin do I Club de Lectura "Lili Lin Club"

Ola lileiros e lileiras!

Nestes últimos días de curso vouvos contar un segredo: algunha persoa sabe o que pasaba no medio da mañá todos os martes e mércores dende o mes de xaneiro? Nenos e nenas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria participaron nas distintas seccións do I Club de Lectura do cole Santa María. Que teñen en común todos e todas eles/elas? Pois que lles gusta moitísimo ler.

Durante este tempo organizados en catro grupos fixeron distintas lecturas e realizaron actividades sobre elas. 

Espero que lles gustase moito a experiencia e volver atopalos na segunda edición deste xenial club.

Unha aperta!

 

luns, 15 de xuño de 2026

Día das Letras Galegas

Non vos contamos que ben o pasamos o Día das Letras Galegas?

Este curso celebramos este día o 15 xa que o 17 era festivo. Despois do tempo de lecer xuntámonos todos e todas no patio e fixemos grupos. Pero non fixemos grupos por cada curso, mesturámonos e en cada grupo había nenos e nenas de todas as idades.

Lili preparara distintas actividades relacionadas co Día das Letras Galegas e tamén coa autora homenaxeada este ano, Begoña Caamaño.

  • Puxéronnos música para bailar.
  • Tamén nos puxeron música para cantar.

  • Xogamos a "Pasapalabra" na entrada do cole.
  • Falamos pola radio.
  • Tamén participamos en xogos tradicionais.

  • Pintamos un mural e fixemos pasatempos no patio.
  • Fomos á biblioteca para mover os robots aprendendo máis cousas sobre a vida de Begoña Caamaño.


martes, 9 de xuño de 2026

Bromas de fin de curso

 

Os nenos e as nenas de 4ªEP quixeron despedir as ondas da radio este curso contando chistes. Aí vos quedan!

luns, 1 de xuño de 2026

Enquisa de fin de curso

Un ano máis imos chegando ao remate do curso. Para axudarnos a seguir mellorando a biblioteca gustaríanos que cubrísedes, coma outros anos, unha enquisa para valorar os servizos, as actividades e outras iniciativas que fixemos dende a casiña de Lili.

Por favor preme na enquisa que vos corresponda, só leva uns minutiños.

Moitas grazas!


venres, 22 de maio de 2026

Visita de Ana Meilán

Ola a todos e a todas! 

Entre as celebracións do Día do Libro e a Semana das Letras Galegas recibimos a visita de esscritora Ana Meilán. 

Contounos tres dos seus contos: a educación infantil e 1ºEP Non o fagas, Tarbi!; a 2º, 3º e 4º Xertrudis busca traballo; e a 5º e 6º O que a serea esqueceu

Foi unha visita fantástica, mil grazas por vir!




xoves, 21 de maio de 2026

Obradoiro con Carlos Gallego

O pasado luns 27 recibimos a visita do ilustrador Carlos Gallego co que practicamos a técnica co collage para realizar fantásticas creacións.

Gozamos dende 4ºEI a 6ºEP.

Mil grazas por aceptar o noso convite!