Amosando publicacións coa etiqueta Agasallo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Agasallo. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de maio de 2024

Agasallo libresco

Ola a tod@s! 

Durante os días nos que estivemos recibindo ás familias e as súas ganas de contarnos todo tipo de contos, tamén chegou ao cole un agasallo moi especial por medio dunha delas: o conto Meiga Meigona, escrito por Sonia Corral e ilustrado por Natalia Corral, nai de Lúa. Xa está rexistrado no catálogo do cole e ben disposto nas novidades da biblio. Mil grazas!





martes, 11 de xaneiro de 2022

AGASALLOS DE NADAL

 Bo día, Liliseparador@s!

Que sorte tivemos! Os Reis Magos pasaron polo noso cole e deixáronnos uns agasallos, grazas a ANPA que colaborou con eles para facer realidade os nosos soños. 

Espero que sigades desenvolvendo a vosa creatividade e mellorando cada día o noso Planeta, como xa sei que estades a facer. 





luns, 6 de decembro de 2021

AGASALLO ANPA

   Ola, Liliseparador@s!
Levamos un tempo cun agasallo na nosa biblioteca, unha tableta. A ANPA regalóunola para que poidamos desfrutala no noso recuncho da creatividade. Nela tedes aplicacións de reciclaxe para que sigades aprendendo e mellorando o noso planeta e podedes utilizala na vosa quenda de biblioteca.
Por certo, na caixa de suxestións tedes a posibilidade de escribir tamén apps que vos gustarían que mercáramos. Adiante coa creatividade!!!

Moitas grazas a nosa ANPA por pensar sempre en todos nós e as nosas necesidades!!!





luns, 15 de novembro de 2021

AGASALLO

 Ola, Liliseparador@s!

Recibimos un agasallo de parte da Conselleria de Cultura, Educación e Universidade. Son cinco exemplares de ENDRINA E O SEGREDO DO PEREGRINO de Concha López Narváez. Esta edición non venal da novela é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Academia Xacobea. Serviranos para adquirir un maior coñecemento do Camiño de Santiago e tamén reforzar o seu vínculo coa lectura pracenteira. 

Moitas grazas!