Amosando publicacións coa etiqueta 8M. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8M. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de marzo de 2026

Día da Muller

Ola a todos os lileiros e lileiras!

Durante estes días estamos a traballar nas aulas de moi distintas maneiras para celebrar o Día da Muller, aínda así quixemos xuntarnos tod@s este luns para facer unha homenaxe conxunta.





venres, 8 de marzo de 2024

8M

 Bo día Lililector@s:

Durante estes días para celebrar o 8M nalgunhas clases de E.F. o alumnado creou palabras adicadas as mulleres máis importantes das súas vidas. Aquí as tedes para todas vos!









mércores, 8 de marzo de 2023

8M: Día internacional da muller

 Bo día Lililector@s

Como sabedes, hoxe 8 de marzo, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. No cole estamos a facer diferentes actividades:

- Onte o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º asistiu a representación do espectáculo didáctico musical "En clave de Muller".

- Hoxe fixemos diferentes actividades nas aulas. Por exemplo, en Educación Física fixemos un xogo para coñecer a mulleres deportistas e galegas.

- O alumnado levou un banderín para decorar o cole coas mulleres importantes para eles.



martes, 15 de marzo de 2022

8M GRETA THUNBERG

 Bo día, Liliseparador@s!

Xa vin que traballastes moito toda a semana. Que bonitos quedaron esos dobbles!!!

Espero que aprendésedes unha chea de Greta e do mesmo xeito que ela co noso gran de area melloremos e coidemos o noso planeta.


PARABÉNS PEQUEN@S SEPARADOR@S!!!


martes, 1 de marzo de 2022

GRETA THUNBERG

 Bo día, Liliseparador@s!

Seguindo co proxecto SEPAREMOS CON LILI, o 8 de marzo ímosllo dedicar a GRETA THUNBERG. É unha activista ambiental sueca, centrada nos riscos expostos polo quecemento global. 

Tedes estes dous libros na biblioteca. Pasade a botar unha ollada!!!



Déixovos aquí unha información sobre ela para que traballedes estes días.




No expositor da entrada da biblioteca tedes libros de mulleres que loitaron pola igualdade. Podedes usar a vosa quenda para levalos en préstamo. 




mércores, 10 de marzo de 2021

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

 Bos días, Lilicientífic@s!

Hoxe quero ensinarvos unha mostra das actividades que realizamos o pasado 8 de marzo en conmemoración do Día da Muller:

Xa que estamos a tope coa ciencia, que mellor maneira que coñecendo a moitas das científicas máis imporantes da nosa historia e facendo que pasen a formar parte do noso mural.



Ademais, como cada mes, compuxemos o noso recuncho de lectura con libros adicados a este día, pois unha das mellores formas de combater as desigualdades é a través da educación, a información e a lectura. Anímovos a tod@s a botar un ollo aos libros!