Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de febreiro de 2026

Día da Paz

O día 30 celebramos o Día da Paz entre chuvia. Aínda así quixemos simbolizar os nosos desexos para un mundo mellor e máis xusto a través de pombas de papel que puxemos a voar no noso cachiño de patio cuberto.





xoves, 9 de febreiro de 2023

Día Escolar da Paz e Non Violencia

 Como cada 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e Non Violencia. Todo o alumnado do cole bailamos a canción Danza da Paz de Mamá Cabra.

xoves, 3 de febreiro de 2022

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 Ola, Liliseparador@s!

O luns celebramos no cole o DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. Poñendo en practica o nos proxecto de biblioteca SEPAREMOS CON LILI, preparamos e ensaiamos a canción "MOVING" de Macaco que ten un interesante texto que nos pide que sexamos conscientes do planeta en que vivimos, da deterioración que está a sufrir pola nosa culpa e ínstanos a que nos "MOVAMOS" no seu favor. Tamén fixemos murais que decoran o noso cole con distintos materiais de refugallo.

XUNTOS SOMOS EVOLUCIÓN!!!






mércores, 12 de xaneiro de 2022

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 Bo día, Liliseparador@s!

No recuncho da entrada déixovos as recomendacións lectoras para traballar a Paz estes días. 

ADIANTE COAS LECTURAS  LILILECTOR@S!



domingo, 31 de xaneiro de 2021

DíA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA


Algúns dos ingredientes que aparecen nas nosas fórmulas para a paz son o respecto, a igualdade e a diversidade. Son conceptos que temos que aplicar a todos os ámbitos da nosa vida, incluidas as diferentes formas de expresión que cada un ten.

Unha delas é a linguaxe de signos e, pensando niso, Lili recomendounos meiga as pontes bibliotecaeste conto, así que decidimos usalo e cantar todos xuntos unha canción pola paz con lingua de signos! 





 

 

 


DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 Bos días, Lilicientífic@s!

O venres pasado celebramos no cole o Día Escolar da Paz e da Non Violencia dunha forma moi especial.

Os nosos científicos e científicas descubriron diferentes fórmulas para obter a paz e con elas, fixemos estes murais tan chulos.

 

 

Ademais, estreamos os escornabots e xogamos co noso Doc para inventar diferentes itinerarios de programación que nos levasen polo camiño da paz. Mirade que ben o pasamos!!

 

 


E como non, un ano máis creamos o noso recuncho da Paz, con lecturas moi chulas na biblioteca.



xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Este ano, dende a biblioteca, Lili mandounos unha proposta de cine para conmemorar o Día da Paz.
Fixemos estas claquetas tan chulas con mensaxes que deseñamos todos e todas, para que a paz non sexa só cousa de cine.





SADAKO SASAKI E AS MIL GRÚAS DA PAZ

@s nen@s da asignatura de valores sociais e cívicos de 5º de E. Primaria realizaron unha fermosísima adaptación do libro Sadako e as mil grúas de papel do autor Eleanor Coerr para conmemorar o Día escolar da Paz e Non Violencia. Grazas a este libro aprendemos que as grúas son tamén un símbolo mundial da paz. Coa axuda da profesora de plástica plegamos e elaboramos as nosas grúas que colgamos polo corredor do colexio.






Aquí tedes unha mostra do noso traballo



luns, 4 de febreiro de 2019

SE NO TEU MUNDO NON HAI PAZ, PÍNTAA!

Lili tróuxonos unha interesante proposta para celebrar o Día da Paz: facer entre todos un mural co Guernica de Picasso, unha obra que é en si mesma un berro contra os desastres da guerra. 
Cada curso coloreou dúas pezas que foron colocadas polos nenos no patio do colexio.




























As nosas paredes enchéronse de murais. Colocamos neles palabras que reflicten os nosos desexos de paz.



No patio, cantamos a canción Si en tu mundo no hay paz, píntala, vestidos coas cores do arco da vella.
















Colocamos o noso recuncho da paz na entrada da biblioteca.


Tamén fixemos a nosa interpretación da obra Un ramo de amizade de Picasso.


 Neste colexio somos xente de paz!

xoves, 25 de xaneiro de 2018

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O vindeiro día 30 de xaneiro, celebraremos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ. Para conmemoralo, cantaremos todos xuntos no patio de recreo a canción CON OTROS de Manu Escudero.





Seguindo co proxecto deste ano, colocarémonos formando os aros olímpicos e levaremos posta a nosa pulseira da paz.




Na entrada da biblioteca, no Recuncho da PAZ, estarán a vosa disposición uns libros con esta temática para desfrutar coa súa lectura.




Alí teredes unha SORPRESA!!!


Elaboramos unha guía de lecturas pola paz para que traballedes esa semana.









martes, 23 de febreiro de 2016

DÍA DA PAZ

Neste día queremos ser uns cabaleiros cunha mensaxe especial: loitar pola PAZ. Tentaremos contribuír a un mundo en harmonía.

Mirádenos vestidos para interpretar a obra Os sete cabaleiros de cores, unha peza que aposta pola convivencia e a solidariedade.

martes, 4 de febreiro de 2014

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ
LER EN PAZ: LECTURAS COMPARTIDAS

Os nenos e nenas de educación infantil compartiron contos cos alumnos dun instituto da nosa localidade no Día da Paz.

 



 Foi esta unha agradable experiencia onde todos participaron facendo honor a este día.



"As persoas que queren cambiar o mundo acostuman ser lectoras, pero non é menos certo que, despois de ler, xorden máis facilmente as ganas de cambiar o mundo." (Blanca Calvo)

xoves, 7 de febreiro de 2013




LECTURAS PARA A PAZ
30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Recomendacións de Lili desde a Biblioteca Escolar do CEIP Santa María para celebrar o Día da Paz e Non Violencia.

Co motivo da celebración escolar do Día da Paz, o equipo de Biblioteca propón a seguinte actividade:

Dende o mércores 23 ao xoves 31 farase unha lectura compartida, en voz alta, do profesorado e os alumnos nas aulas, segundo o seguinte horario:


EI
 3anos
EI
4 anos
EI
5 anos
MÉRCORES (23)
Elmer
Negros e brancos
El cazo de Lorenzo
El libro de los valores
A cor dos amigos
XOVES
(24)
Negros e brancos
Elmer
A cor dos amigos
El cazo de Lorenzo
El libro de los valores
VENRES
 (25)
El cazo de Lorenzo
A cor dos amigos
Elmer
Negros e brancos
Amigos y amigas
LUNS
(28)
A cor dos amigos
El cazo de Lorenzo
Negros e brancos
Elmer
Aquí paz y además Gloria
MARTES
(29)
El libro de los valores
Amigos y amigas
Aquí paz y además Gloria
A cor dos amigos
Elmer
MÉRCORES(30)
Amigos y amigas
El libro de los valores
Amigos y amigas
Aquí paz y además Gloria
Negros e brancos
XOVES
(31)


El libro de los valores
Amigos y amigas
El cazo de Lorenzo




MÉRCORES (23)
La alegría de ser solidarios
¿Generosidad? si ,
gracias
Aún te quedan ratones por cazar
El guardián de lo Pequeño
XOVES
(24)
¿Generosidad? si ,gracias
La alegría de ser solidarios
Aún te quedan ratones por cazar
El guardián de lo Pequeño
VENRES (25)
El soldadito de plomo
O chepudo de Notre Dame
Aún te quedan ratones por cazar
El guardián de lo Pequeño
LUNS
(28)
O chepudo de Notre Dame
El soldadito de plomo
El guardián de lo Pequeño
Aún te quedan ratones por cazar
MARTES
(29)
El cazo de Lorenzo
¿Por qué somos de diferentes colores?
El guardián de lo Pequeño
Aún te quedan ratones por cazar
MÉRCORES(30)
A cor dos amigos
El cazo de Lorenzo
El guardián de lo Pequeño
Aún te quedan ratones por cazar
XOVES
(31)
Elmer
A cor dos amigos
Aquí paz y además Gloria
Aquí paz y además Gloria


Os libros escollidos son:

1.- Negros e brancos
2.- Elmer
3.- El cazo de Lorenzo
4.- A cor dos amigos
5.- Aquí paz y además Gloria
6.- El libro de los valores
7.- Amigos y amigas
8. ¿Por qué somos de diferentes colores?
9.- ¿Generosidad?, sí gracias
10.- La alegría de ser solidarios
11.-  O chepudo de Notre Dame
12.- El soldadito de plomo
13.- El guardián de lo pequeño
14.- Aún te quedan ratones por cazar