Amosando publicacións coa etiqueta 25 N día contra a violencia de xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25 N día contra a violencia de xénero. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de decembro de 2025

Día contra a Violencia de Xénero

Un ano máis, chega o día 25 de novembro e un ano máis é un día que nos permite pararnos a pensar, a reflexionar e a valorar os tratos que damos ás persoas que están ao noso arredor e tamén os que recibimos deles.

Este día celebramos a II Andaina contra a violencia de xénero do cole e, dende a biblioteca tamén quixemos achegar o noso gran e area para preparar ese día.


O alumnado de 6º preparou o deseño deste curso. Con el fixemos chapas para o alumnado e o profesorado do cole e tamén pegatinas para repartir nos comercios e establecementos que fomos atopando na nosa marcha.

venres, 24 de novembro de 2023

25 N

Hoxe celebramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Dende o centro rexeitamos todo tipo de violencia todos os días, mais este é un día especial, por iso puxemos palabras positivas en boca dos nenos e nenas do centro. Estes son algúns exemplos. Tedes máis pinchando aquí.



Nas clases de Educación Física de 5º e 6º tamén quixemos celebrar o Día Internacional contra a violencia de xénero creando palabras con figuras de Acrosport. 
Seredes capaces de averiguar as palabras? 

luns, 28 de novembro de 2022

25 N. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Ola lililector@s!

O venres celebramos o 25N: Día Internacional da Violencia contra a Muller. Ás 12:00 todo o alumnado xuntouse no patio para gardar un minuto de silencio en homenaxe a todas as vítimas da violencia de xéreno.

 
O longo de toda a semana, nos diferentes cursos realizaron distintas actividades relacionadas co 25N.


 


mércores, 16 de novembro de 2022

Contacontos 25N

 Ola familias.

Onte o alumnado de Educación Infantil, 1º,2º e 3º desfrutaron dun contacontos á cargo da compañía Trinketrinke. Un rato de biblioteca que nos ensinou co seu espectáculo "Aprendendo a querer" como querer ben.



venres, 26 de novembro de 2021

TOD@S SOMOS O DORSAL 261

 Bo día, Liliseparador@s!

Sabiades que Kathrine Switzer foi a primeira muller que correu unha maratón con dorsal? No ano 1967 percorreu a maratón de Boston. Para poder inscribirse tivo que poñer as súas iniciais, xa que só podían participar homes. No medio da carreira un dos comisarios da maratón ao ver que era unha muller comezou a perseguila para tentar botala. Grazas a algúns participantes, que a escoltaron ata a meta, Kathrine conseguiu alcanzala, demostrando que non só os homes corren. A súa carreira foi unha victoria para a loita das mulleres, os seus dereitos e romper cos estereotipos "ti non vales, es débil". 

Parabéns aos máis pequen@s do cole, que recorreron o seu patio co dorsal 261 recordando a valentía desta marabillosa muller.











xoves, 25 de novembro de 2021

RACHA COA VIOLENCIA DE XÉNERO

 Ola, Liliseparador@s!

Os nenos e nenas máis maiores do noso cole fixeron un tendal onde plasmaron os seus compromisos e rexeitamentos contra a violencia machista. 
















martes, 16 de novembro de 2021

QUERÉMONOS LIBRES

 Bo día, Liliseparador@s!

Encántame a canción de Cuarta Xusta, QUERÉMONOS LIBRES, espero que a escoitedes e traballedes estes días. Tamén prepararemos nas clases cadeas con materiais de reciclaxe que conterán palabras en positivo para defender a liberdade da muller e a loita contra as violencias machistas.

martes, 9 de novembro de 2021

25 N

 Bo día, Liliseparador@s!

A violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis xeneralizada. Para crear conciencia e para inspirar accións que poñan fin a este feito, cada ano conmemórase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER (25 de novembro).

Déixovos unhas recomendacións lectoras para traballar estes días especialmente e ao longo de todo o curso.




mércores, 25 de novembro de 2020

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Bos días, Lililectores!

Un ano máis, queremos conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero dende o noso centro e por iso, dende a distancia, todos e todas aportamos o noso gran de area.

Dende a biblioteca fixemos unha recomendación de libros chulísimos en galego que trouxemos como novidades para traballar este tema, ampliando así a nosa sección de Biblioteca Inclusiva.

Brancaneves e os 77 ananiños,  e Cincenta e as zapatillas peludas, uns clásicos nos que se lle da a volta ao conto con humor, cuestionando os estereotipos de xénero. Onde Brancaneves fártase de limpar a casa para os ananiños e Cincenta non necesita ao seu príncipe para ser feliz.

Audioconto Brancaneves e os 77 ananiños

E para os máis pequenos, Rosa Caramelo, un conto que nos achega á igualdade de xénero a través da historia de Margarita, a súa protagonista.

Clica aquí para ver o Audioconto.

Sobre estes contos, traballamos na clase e decidimos facer uns murais con lemas en galego. Presentamos dous deles a un concurso, e asistimos por videoconferencia á entrega de premios.



Ademáis, coa colaboración da ANPA ABRENTE, puidemos ver unha obra de teatro en versión dixital, na nosa biblioteca: Contos de nenas grandes e pequenas, da compañía teatral Tropa de Trapo. Déixovos o enlace para poder vela dende a casa:

CONTOS DE NENAS GRANDES E PEQUENAS

E por último, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º quixeron darlle un toque musical a este día a través dunhas cancións, expresándonos así, a través da música como linguaxe, a cal nos axuda en moitas ocasións, a expresar o que non somos capaces de facer con palabras. Desfrutádeas!











luns, 25 de novembro de 2019

SANTA MARÍA EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Desde o CEIPP Santa María queremos adherirnos á campaña En negro contra as violencias facendo nosos os seus lemas.

Debuxamos e decoramos coas nosas mans a árbore para o respecto e  nel colocamos algúnhas das mensaxes.








Tamén rodamos unha pequena curtametraxe coa axuda da televisión RTV Eume.












martes, 4 de decembro de 2018

O CEIPP SANTA MARÍA EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

Os nenos do noso cole, como artistas que son, utilizaron as súas mans para facer un mural que supuxese unha reflexión sobre esa lacra da nosa sociedade que é a violencia de xénero.
















Tamén utilizamos a canción  Déjala que baile para acompañarnos neste día.




mércores, 22 de novembro de 2017

TOD@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Nós celebrarémolo o vindeiro luns.

Seguindo o noso proxecto "As Liliolimpiadas", deseñamos unha medalla especial para este día.

Preparad@s, list@s, xa...  A decorar!!!



Para rematar déixovos unha canción e un conto. Espero que vos guste!!!