Amosando publicacións coa etiqueta Lili nas Ondas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lili nas Ondas. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xuño de 2026

Bromas de fin de curso

 

Os nenos e as nenas de 4ªEP quixeron despedir as ondas da radio este curso contando chistes. Aí vos quedan!

xoves, 12 de febreiro de 2026

Día da Nena e a Muller na Ciencia

No medio da Semana de Entroido celebramos o 11 de febreiro o Día da Nena e a Muller na Ciencia, e vaia se o celebramos. Veu visitarnos Carmen López Chao, antiga alumna do cole e hoxe unha fantástica enxeñeira aeroespacial. 


Nunha interesantísima charla, explicounos a súa traxectoria nos estudos, no traballo e tamén nos contou en que consisten as súas investigacións na actualidade.

Tamén tivemos tempo para gravar algunha das preguntas que lle fixemos para facer un programa para este 11F.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsantamariaaspontes/node/693

Moitísimas grazas por vir e volve cando queiras!!!





martes, 16 de decembro de 2025

martes, 2 de decembro de 2025

Primeiros pasos de Lili nas Ondas

E comezan os nosos podcasts!

O primeiro que tiñamos que facer era presentar a nosa radio, iso fixeron algún dos nenos e nenas de 4 de educación primaria.

Con ela presentada, seguiremos sumando audios con todo tipo de programas, estade atent@s!