Amosando publicacións coa etiqueta Taller escritura creativa e cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Taller escritura creativa e cine. Amosar todas as publicacións

martes, 16 de xuño de 2020

STOP MOTIONS

Bos días! Rematamos xa o noso taller de escritura creativa e cine, e xa tendes todos e todas os vosos diplomas por participar. Agora é o momento de ver as súper producións que saíron desta actividade.

LUCES, CÁMARA...ACCIÓN!!


XOEL 5º



ADÁN 5º



ALICIA 4º



xoves, 11 de xuño de 2020

DIPLOMAS

Bos días, Lililectores! Estamos xa na recta final e por iso, quero felicitaros a todos e a todas polo traballo e esforzo realizado neste curso tan complicado. Como agradecemento á vosa participación nas actividades que fixemos este ano, quero facer entrega en primeiro lugar, dun diploma aos fenomenáis axudantes que tivemos este curso na biblioteca. 



Noraboa a todos e a todas!!

Tamén a todos os nenos e nenas que participaron no taller de escritura creativa e cine, do que pronto teremos as películas de stop motion finais. Noraboa polos traballos realizados!!


E por último pero non menos importante, a todos aqueles e aquelas que conseguístedes rematar o reto lector deste ano.


Noraboa a tod@s! Espero que o vindeiro curso volvamos estar xuntos en todas as nosas actividades.

xoves, 4 de xuño de 2020

TALLER DE CINE: O STOP MOTION

Bos días! Temos aquí a última actividade do noso Taller de escritura creativa e cine. Chegou o momento de filmar a película.
Imos realizala a través dunha técnica de animación chamada o STOP MOTION, que consiste en aparentar movemento nos obxectos estáticos a través dunha sucesión de fotografías.

Esta técnica pode realizarse de moitos xeitos, ben a través de bonecos de plastilina por exemplo, que vamos movendo pouco a pouco para cada fotografía, ou ben a través de debuxos en folios ou cartolinas.Esta é a versión máis sinxela. 

A actividade final consistirá en facer un stop motion sobre o guión de cine que escribístedes na actividade pasada. Para iso, deberedes debuxar un ou varios fondos nos que se desenvolva a historia, e uns personaxes, preferentemente por pezas, é dicir, se teño unha tartaruga, debuxo o corpo e a cabeza xuntos e as patas a parte para poder movelas de cada foto.

Poderedes enviar o vídeo coa montaxe se sabedes realizala na casa, ou ben as fotos que saquedes e o audio co texto que escribíchedes, ao meu correo: bibliolilisanta@gmail.com 

Aquí vos deixo un tutorial sobre cómo realizar o STOP MOTION

martes, 12 de maio de 2020

GUIÓNS DE CINE

Bos días, Lililectores! Estamos xa co noso taller de escritura creativa e cine, case na recta final. Despois de todo o traballo que fixemos este curso é hora de que poñamos toda a nosa creatividade en marcha para crear UN GUIÓN DE CINE!!

Teredes que elaborar unha pequena historia con diálogos entre os personaxes. Podedes inventar vós a vosa propia, ou podedes usar os "Dados para contar historias".


Nesta páxina encontraredes os dados de historias con diferentes debuxos, lanzádeos virtualmente e poderedes crear unha historia coas palabras que saian.

Unha vez que teñades creadas as vosas historias poderedes ensinarmas e comezaremos ca rodaxe das vosas propias curtametraxes!!

ADIANTE COA CREATIVIDADE!!

luns, 11 de maio de 2020

TAUTOGRAMAS EN 3...2...1...

Bos días, Lililectores! Estou encantada co esforzo que estades realizando todos e todas na casa. Hoxe quero ensinarvos como avanza o noso taller de escritura creativa, o cal chega xa por fin á parte de CINE. Tráiovos aquí unha mostra dos tautogramas dos vosos compañeiros e compañeiras.

Xoel 5º

Lucas 5º

                                                                          Martina 5º

Alicia 4º

Hugo 4º

Adán 5º

                                                                       Estrella 5º

                                                                            Pablo 5º

Saleta 5º


Un traballo xenial! Noraboa a tod@s!!

martes, 28 de abril de 2020

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA E CINE

Bos días a tod@s! Hoxe tráiovos unha nova actividade do taller de escritura creativa. Recordade mandar todas as vosas noticias disparatadas que no mes de maio imos comezar xa coa parte de CINE!!!

A actividade de hoxe consiste en facer un TAUTOGRAMA

E vos preguntaredes..que é iso? Pois ben, un tautograma é unha composición formada por palabras que comezan todas pola mesma letra. Así que, aquí vos deixo o meu.
Xa que estamos co proxecto CINELILI, que mellor opción que facelo sobre cine, verdade?



Espero que desfrutedes moito facendo esta actividade e me enviedes os vosos tautogramas, que seguro que van estar xenial!!

xoves, 26 de marzo de 2020

TALLER DE ESCRITURA CREATIVA E CINE

Bos días, Lililectores, aínda que estamos estos días na casa, dende a biblioteca, seguimos adiante co noso taller de escritura creativa.

Hoxe traio unha nova actividade chea de imaxinación. Como seguramente estades vendo estes días, estamos rodeados e rodeadas de diferentes medios de comunicación que nos traen un montón de noticias,  algunhas boas, outras malas..., pero nós imos crear hoxe NOTICIAS DISPARATADAS, poñendo en marcha toda a nosa creatividade para facer as noticias máis divertidas.

Esta actividade consiste en escoller unha palabra de cada columna das que vos deixo a continuación e con esas dúas palabras crear unha noticia totalmente divertida e disparatada. As palabras que eu escollín foron : araña e zapatos, e a noticia que escribín foi...

"Araña xigante invade a cidade e marca tendencia de primaveira cos seus novidosos zapatos. Todas as zapaterías da cidade están desexando conseguilos para vendelos".



Aquí tendes as palabras para formar as vosas noticias. Adiante coa CREATIVIDADE!!



Cando teñades listas as vosas noticias, podedes mandalas ao correo de Lili: 
bibliolilisanta@gmail.com

Cando teñamos todas publicaremos unha folla de prensa coas vosas súper novas.

mércores, 19 de febreiro de 2020

PRIMEIROS RESULTADOS DO TALLER DE ESCRITURA CREATIVA E CINE

Levamos uns días creando personaxes fantásticos no noso taller de escritura do cole. Cun debuxo relacionado co cine, mirade o que somos capaces de facer. Dentro de pouco amosarémosvos todos os nosos resultados.



mércores, 22 de xaneiro de 2020

BENVIDOS AO TALLER DE ESCRITURA CREATIVA E CINE

In February we start a new activity in the library, a creative writing and cinema workshop. Don't doubt to join in!
I'll wait for you in the library on Monday!


No mes de febreiro comezamos unha nova actividade na biblioteca, un taller de escritura creativa e cine. Non dubidedes e animádevos!
Espérovos os luns na biblio.



A escritura creativa non só fomenta a habilidade lingüística, senón que ademais axuda a desenvolver a escritura e a creatividade dos nosos alumnos e alumnas. 

Unha vez preguntado aos alumnos de 6.º de Educación Primaria sobre a escritura creativa, isto é o que opinan:
  • Axúdache a desenvolver a túa imaxinación (Martín).
  • Favorece a ortografía (Manu).
  • Aumenta a atención (Adriana).
  • Aprendes vocabulario (Bea).
  • Mellora a caligrafía (David).
  • Aprendes a traballar en equipo (Sofía).
  • Aumenta a curiosidade (Medi).