Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contacontos. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de maio de 2026

Visita de Ana Meilán

Ola a todos e a todas! 

Entre as celebracións do Día do Libro e a Semana das Letras Galegas recibimos a visita de esscritora Ana Meilán. 

Contounos tres dos seus contos: a educación infantil e 1ºEP Non o fagas, Tarbi!; a 2º, 3º e 4º Xertrudis busca traballo; e a 5º e 6º O que a serea esqueceu

Foi unha visita fantástica, mil grazas por vir!




martes, 3 de xuño de 2025

Contacontos

 Bos días lileiros e lileiras!

Despois de ler A vaca dixo mua no 1º ciclo, Cuentos que dan mucho juego no 2º ciclo e Cuentos en verso para niños perversos no 3º, achegouse Vicki ao cole para axudarnos a darlles vida.

Con ela dramatizamos e xogamos coas distintas historias que leramos.

Mil grazas pola visita!

Contacontos de Bibliolili


martes, 26 de abril de 2022

CANTACONTOS DÍA DO LIBRO

 Ola, Liliseparador@s!

Seguimos gozando no día de hoxe, da actuación do profe de música cantando contos da nosa biblio. Nesta ocasión tocoulles aos nenos e nenas de 1º e 2º de E. Primaria.


luns, 25 de abril de 2022

CANTACONTOS NA SEMANA DO LIBRO

 Bo día, Liliseparador@s!

Comezamos coas actividades da semana do libro. Os nenos e nenas de infantil tiveron un cantacontos moi especial. Grazas profe Carlos por descubrirlles aos nenos o apaixonante mundo dos contos e da música.

PARABÉNS ARTISTA!!!




 Seguide atentos, agárdanvos sorpresas!!!

mércores, 5 de febreiro de 2020

CONTACONTOS: O COCIÑEIRO MARTIÑO

Como esperabamos o contacontos de Iago López sobre o seu libro "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas" foi todo un éxito. 
Desfrutamos todos e todas desta incrible aventura, dende os máis pequenos do colexio, ata os nenos e nenas de 5º e 6º.


Mirade que ben o pasamos!!

martes, 4 de xuño de 2019

VISITA DE BENXAMÍN MÍGUEZ

O día 2 de xuño recibimos na nosa biblioteca a Benxamín Míguez quen nos contou tres marabillosas historias. Os nenos foron os protagonistas dos seus contos e das súas ilustracións. Nestas imaxes podemos velos en acción.





 Canto nos gustaron os seus relatos!

luns, 6 de maio de 2019

ANIMACIÓN Á LECTURA

O 30 de abril tivemos a sorte de contar de novo con Erica González que fixo voar a imaxinación dos nosos artistas a través dos contos.















Moitas grazas, Erica!

venres, 4 de maio de 2018

ANIMACIÓN IAGO LÓPEZ

O 3 de maio tivemos a visita de Iago López para presentar a animación sobre o libro de Mª Victoria Moreno, Eu conto, ti cantas... aos nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. Foi unha sesión moi especial na que poidemos coñecer máis en profundidade este marabilloso libro da autora homenaxeada este ano. 








xoves, 3 de maio de 2018

ANIMACIÓN ERICA GONZÁLEZ


O pasado 2 de maio visitou o noso centro Erica González que nos ofreceu unha magnífica sesión de Animación á Lectura seguindo a temática do noso PDI. Todo o alumnado desfrutou desta actividade na que ademais contamos cunha visita moi especial, os nenos e nenas de CEIP da Igrexa das Somozas. 









xoves, 4 de maio de 2017

VIAXANDO, VIAXANDO

Seguindo o noso proxecto de biblioteca, con Erika González demos "A volta ao día en 80 mundos".
















 Foi unha viaxe moi interesante e divertida!

xoves, 9 de febreiro de 2017

VISITOUNOS IAGO LÓPEZ!

O pasado día 2 de febreiro, os nenos de 1.º, 2.º e 3.º de Primaria tivemos a sorte de que Iago López, o autor de O cociñeiro Martiño, viñese contarnos o seu conto.

Tivo como axudantes a algúns de nós, converténdonos coa súa maxia nos personaxes da historia.

Fíxonos moita ilusión e foi moi divertido! 
























martes, 18 de febreiro de 2014

SESIÓN DE CONTOS CON MÚSICA
O 14 de febreiro, os alumnos de 5 anos, 1º e 2º de educación primaria recibiron a visita de Alex e Patricia.
Álex é un músico simpático que viaxa sempre con moitísimos instrumentos; con eles ponlles música aos relatos. O seu instrumento favorito é un que asemella estar vivo e mesmo respira, trátase dun acordeón.
A Patricia gústalle moito ler e leva na súa maleta moitas historias que lle encanta compartir.
Este día achegáronnos historias como Imos cazar un oso, Onde viven os monstros, No bosque, Boas noites, bufo... cos que pasamos unha xormada fantástica.