Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DAS ESCRITORAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DAS ESCRITORAS. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de outubro de 2025

Benvid@s ao curso 2025-2026

Ola lileiros e lileiras!

Benvid@s a un novo curso no Santa.

Este ano abrimos a biblio un día moi especial: O Día das Escritoras. Coa axuda d@s nov@s axudantes da biblio preparamos catro probas para coñecer (ou recordar) mellor a biblioteca. Para poder entrar tiveron que montar un quebracabezas. Resultaron ser imaxes de distintas escritoras.


Xa dentro resolveron probas relacionadas coas normas, cos distintos recunchos e tamén sobre como se ordenan os libros que temos.

Como todas as aulas superaron as probas puideron levarse os novos carnés e máis a cesta de libros que preparamos para enriquecer as biblios de aula.


Moitas grazas pola participación e un agrademento especial ao alumnado axudante que o fixo xenial!

Unha aperta!


mércores, 19 de outubro de 2022

Día das Escritoras 2022

O pasado 17 de de outubro celebramos o Día das Escritoras 2022 baixo o lema "Antes, durante e despois das guerras".

Todo o alumnado do centro traballou durante a hora de lectura sobre una escritora galega e mirade que mural máis bonito fixemos entre todos.


 Bo día familias

luns, 19 de outubro de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

Bos días, Lililectores

O luns 19 de outubro celebrouse o Día das Escritoras.

Por iso, dende a biblioteca do noso centro, queremos dar visibilidade a varias obras escritas por mulleres, que seguro que vos encantan.



E como estamos ca temática de terror no reto lector, que mellor selección de libros que os escritos pola autora galega 

Ledicia Costas:





Déixovos tamén unha recopilación de fragmentos de obras de diferentes autoras galegas: