Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de xuño de 2026

Día das Letras Galegas

Non vos contamos que ben o pasamos o Día das Letras Galegas?

Este curso celebramos este día o 15 xa que o 17 era festivo. Despois do tempo de lecer xuntámonos todos e todas no patio e fixemos grupos. Pero non fixemos grupos por cada curso, mesturámonos e en cada grupo había nenos e nenas de todas as idades.

Lili preparara distintas actividades relacionadas co Día das Letras Galegas e tamén coa autora homenaxeada este ano, Begoña Caamaño.

  • Puxéronnos música para bailar.
  • Tamén nos puxeron música para cantar.

  • Xogamos a "Pasapalabra" na entrada do cole.
  • Falamos pola radio.
  • Tamén participamos en xogos tradicionais.

  • Pintamos un mural e fixemos pasatempos no patio.
  • Fomos á biblioteca para mover os robots aprendendo máis cousas sobre a vida de Begoña Caamaño.


xoves, 22 de maio de 2025

A semana das Letras Galegas

 Ola a todos e a todas,

Durante todo o mes de maio nas aulas estivemos a traballar sobre aquelas letras que durante moito tempo non se escribiron, senón que se cantaban e se contaron. Trasmitíronse de xeración en xeración cantigas, refráns, contos, lendas...

Na semana das Letras celebramos e homenaxeamos a nosa tradición de diferentes maneiras.

Publicamos en conxunto con outros centros educativos pesquisas que fixemos na casa preguntando sobre antigos contos, lendas e cantigas.

Hecho con Padlet

Asistimos ao concerto que organizaron as Escolas Municipais.



xoves, 23 de maio de 2024

O Día das Letras Galegas nas clases

 Bo día lililector@s:

Hoxe traémosvos outras actividades realizadas nas clases sobre Luisa Villalta. A verdade e que o alumnado aprendeu moito sobre a autora de xeito moi atractivo, coas novas tecnoloxías e con actividades divertidas.




O Día das Letras Galegas e a robótica

Bo día Lililector@s: 
O grupo de 2º de Primaria durante este mes estiveron contestando a preguntas que tiñan os distintos especialistas relacionadas coa autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas co Scornabot. Debaixo das respostas tiñan distintas partes dun puzzle da imaxe de Luisa Villalta. Xa antes de ter todas as pezas a recoñeceron, vaia expertos!


luns, 22 de maio de 2023

Letras Galegas

 O longo de toda a semana fixéronse diferentes actividades para coñecer un pouco ó homenaxeado deste ano: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

O venres celebramos as Letras Galega no noso cole. Durante as primeiras horas o alumnado  pasou pola biblioteca para xogar cos ESCORNABOTS coa axuda da mestra Rocío.



O mestre Borja tamén foi pasando polas aulas co xogo dos HEXÁGONOS.





Por último, despois do recreo, celebramos o I CONCURSO ¨TI SI QUE VALES¨. Cada curso preparaou unha canción en galego coa axuda da mestra de música Sara e dos titores e titoras.


O noso xurado elixiu como gañadores/as o alumnando de 2º de Educación Primaria.

luns, 15 de maio de 2023

Letras Galegas

O 17 de maio celebrase o día das Letras Galegas. A editorial Xerais agasallounos con este exemplar que nos conta un pouquiño sobre a súa vida. 



O longo desta semana temos previstas diferentes actividades para fomentar o uso do galego e conmemorar este día tan importante para Galicia.

martes, 24 de maio de 2022

PAPEL RECICLADO

 Ola, Liliseparador@s!

Os nenos e nenas que realizaron o obradoiro de papel reciclado, déronlle uso ao creado preparando distintos traballos sobre o homenaxeado das letras galegas.

Déixovos unha mostra do impresionante que quedou. Parabéns artistas!!!




venres, 13 de maio de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

 Bo día, Liliseparador@s!

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano están adicadas a Florencio Manuel Delgado Gurriarán, un poeta ourensán namorado da súa terra galega. Aquí vos deixo un xogo para comprobar se sodes expertos neste escritor galego.

PARA INFANTIL E 1.º DE E.P.






PARA 2.º E 3.º DE E.P
.





PARA 4.º,5.º E 6.º DE E.P.


Ademais ao longo da mañá realizaremos actividades cos escornabots, xogaremos ao hexágono e cantaremos e bailaremos regueifas. 



Que ben o pasastes e canto aprendestes do autor homenaxeado. Dá gusto ver como participades activamente en todas as actividades propostas. Tedes aquí unha pequena mostra.



PARABÉNS!!!

domingo, 16 de maio de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS- XELA ARIAS

 Bos días, Lililector@s

A homenaxeada deste ano é Xela Arias. No nose cole fixemos un podcast cun poema do libro Darío a Diario. Espero que vos guste.


Descubrimos moitas cousas dela con estes libros da nosa biblioteca...



 e fixemos un mural con todo o que aprendimos. Parabéns, artistas!!!




luns, 18 de maio de 2020

CINELILI PRESENTA: LETRAS GALEGAS 2020

E como non, no noso proxecto CINELILI non podía faltar unha boa curtametraxe realizada polos nosos compañeiros e compañeiras dende as súas casas, para conmemorar o día das Letras Galegas e ao autor homenaxeado. 
Aquí vos deixo o vídeo, e un xogo para que o pasedes xenial atopando ao autor!

CINELILI PRESENTA: Letras Galegas 2020


Xogo: BÚSQUEDA DE RICARDO CARVALHO CALERO




LETRAS GALEGAS 2020

Ola, Lililectores!
En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero?fbclid=IwAR1nFC_y6c0-3_q0XbP0ZugO1QXNBD8NYQQUkD5XsWT-0-Kf1IhS2wZhezs

Aquí tamén tedes un anaquiño da súa biografía.
 



E para comprobar o que aprendestes propóñovos un escape room.



martes, 21 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS

O festival das Letras Galegas xirou este ano en torno a dous eixos: a pintura, polo noso proxecto Liliarte, e Antón Fraguas, o autor homenaxeado.



O noso recuncho das Letras Galegas quedou situado á entrada da nosa biblioteca.



domingo, 27 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

O 21 de maio tivo lugar no Cine Alovi o noso Festival das Letras Galegas, adicado á autora homenaxeada Mª Victoria Moreno. Cancións, recitados, dramatizacións ... foron algunhas das actividades realizadas. A xulgar polos aplausos recibidos, ixémolo moi ben!!