Amosando publicacións coa etiqueta Axudantes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Axudantes. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de xuño de 2025

As nosas recompensas

 Ola a tod@s @s lileir@s!

Rematamos o curso esta semana. Estes últimos días de clase foron para recordar, recompilar e tamén para agradecer a vosa participación nas actividades da biblioteca.

Nun dos recreos quedámonos un anaquiño máis para darlles un cariño a todos os nenos e a todas as nenas que remataron o reto lector.

Tamén tiveron recompensa os voluntarios e voluntarias deste curso. 

E, finalmente, fixemos un reto Steam especial para o alumnado que superou os retos en todos os meses anteriores.

luns, 28 de novembro de 2022

Axudantes da biblioteca

 Como cada curso os alumnos e alumnas de 6º son axudantes da biblioteca. Eles, durante os recreos, colocan libros, realizan os préstamos, aconsellan os compañeiros/as de outros cursos sobre libros que poden levar... Realizan unha fantástica labor.





luns, 27 de setembro de 2021

BENVID@S AXUDANTES!

Ola, Liliseparador@s!
Un curso máis abre as portas a nosa biblioteca coa axuda dos voluntarios e voluntarias de 6.º de E. Primaria. Este ano volve ser especial polo que terán que cumprir con máis obrigacións e responsabilidades. 



Grazas por pertencer ao meu equipo, Liliaxudantes!!!

xoves, 11 de xuño de 2020

DIPLOMAS

Bos días, Lililectores! Estamos xa na recta final e por iso, quero felicitaros a todos e a todas polo traballo e esforzo realizado neste curso tan complicado. Como agradecemento á vosa participación nas actividades que fixemos este ano, quero facer entrega en primeiro lugar, dun diploma aos fenomenáis axudantes que tivemos este curso na biblioteca. 



Noraboa a todos e a todas!!

Tamén a todos os nenos e nenas que participaron no taller de escritura creativa e cine, do que pronto teremos as películas de stop motion finais. Noraboa polos traballos realizados!!


E por último pero non menos importante, a todos aqueles e aquelas que conseguístedes rematar o reto lector deste ano.


Noraboa a tod@s! Espero que o vindeiro curso volvamos estar xuntos en todas as nosas actividades.

martes, 15 de outubro de 2019

LILIAXUDANTES

Un ano máis abre as portas a nosa biblioteca coa axuda dos nenos e nenas de 6.º de Primaria. Debeulles gustar moito o ano pasado que algúns e algunhas repetiron!



Prestamos atención ás normas e repasamos as nosas funcións. Moita sorte neste traballo!

luns, 1 de outubro de 2018

XA TEMOS NOVOS AXUDANTES!

Comeza un novo curso e a biblioteca abre as súas portas. Xa  temos novos voluntarios para encargarse desa tarefa de axuda tan importante.







Nestas imaxes podedes vernos asistindo a unha sesión de formación.
 Moitas grazas a todos de parte de Lili!