Hoxe celebramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Dende o centro rexeitamos todo tipo de violencia todos os días, mais este é un día especial, por iso puxemos palabras positivas en boca dos nenos e nenas do centro. Estes son algúns exemplos. Tedes máis pinchando aquí.
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións b>. Amosar todas as publicacións
venres, 24 de novembro de 2023
25 N
Nas clases de Educación Física de 5º e 6º tamén quixemos celebrar o Día Internacional contra a violencia de xénero creando palabras con figuras de Acrosport.
Seredes capaces de averiguar as palabras?
martes, 7 de novembro de 2023
Concurso de cartéis para a Feira de fungos
Este curso, como moitos antes, participamos no Concurso de cartéis para a Feira de fungos e cogumelos organizado polo Concello de As Pontes. Aproveitamos a exposición que tiñan dos traballos na Casa Dopeso para facer unha pequena saída con todos os cursos para ver todos os cartéis.
Aquí tedes algunhas fotos, fixádevos en que artistas temos no Concello!
Un grupo de alumnos e alumnas de 6º de Primaria do CEIPP Santa María gañou o 2º premio. Aquí temos o traballo gañador:
martes, 1 de marzo de 2016
ENTROIDO
Xa chegou o Entroido e convertémonos en valentes cabaleiros para desfilar polas rúas da nosa vila.
Cada curso ía identificado co seu propio estandarte.
Fíxonos moita ilusión que, un ano máis, nos acompañaran os alumnos do centro de Aspanaes
martes, 21 de abril de 2015
INAUGURAMOS O MES DO LIBRO
O 20 de abril achegouse á biblioteca o noso colaborador César Candelas para falarnos do proceso que levou á invención da escritura.

Cun percorrido pola historia, mostrounos a simboloxía utilizada antes de chegar á escritura.

Todos seguimos o seu relato con moita atención e fixémoslle moitas preguntas sobre algúns aspectos que nos resultaron moi curiosos.
Foi unha experiencia enriquecedora e participativa.
mércores, 17 de setembro de 2014
MARABILLOSO ROALD DAHL
O 13 de setembro celébrase o Día de Roald Dahl. Ademais neste 2014 cúmplense 50 anos da publicación da primeira edición da obra de Roald Dahl Charlie e a fábrica de chocolate.
martes, 25 de marzo de 2014
DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro de 1837 naceu Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.
Para conmemorar esa data e, sumándonos á iniciativa da MESA pola Normalización Lingüística e a múltiples entidades culturais, todos os alumnos do colexio fixémoslle unha homenaxe á grande poetisa galega cantando e recitando os seus poemas.
Aquí tedes unha pequena mostra das actividades desenvolvidas.



Para conmemorar esa data e, sumándonos á iniciativa da MESA pola Normalización Lingüística e a múltiples entidades culturais, todos os alumnos do colexio fixémoslle unha homenaxe á grande poetisa galega cantando e recitando os seus poemas.
Aquí tedes unha pequena mostra das actividades desenvolvidas.

martes, 17 de abril de 2012
CARTA A GLORIA FUERTES
Para recordar á nosa querida escritora Gloria Fuertes, os alumnos de 5º de primaria escribíronlle estas agarimosas cartas que podedes ver aquí.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



