Amosando publicacións coa etiqueta Maleta viaxeira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Maleta viaxeira. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de novembro de 2022

Maleta viaxeira banda deseñada

 

Bo día Lililector@s!

Esta semana chegou a maleta viaxeira de Banda deseñada. Durante todo o mes de novembro os seus libros estarán polas diferentes aulas.

 
En algunha clase xa comezaron a desfrutar dos libros.



mércores, 25 de maio de 2022

MALETA VIAXEIRA UCRAÍNA

 Bo día, Liliseparador@s!

Xa temos no cole, ata o día 6 de xuño, unha maleta de acollida do alumnado desprazado polo conflito en Ucraína con temática sobre as situación de guerra, a condición das persoas refuxiadas, e algúns libros bilingües castelán-ucraíno. Estos libros percorrerán as clases para sensibilizar ao alumnado e fomentar a inclusión dos nos@s nov@s compañeir@s!










xoves, 24 de febreiro de 2022

MALETA VIAXEIRA-FAMILIAS

Bo día, Liliseparador@s!

Gozamos moito cos libros e películas que nos prestou BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Foi unha experiencia moi enriquecedora polo que seguro que o curso que vén volveremos repetila.



mércores, 2 de febreiro de 2022

MALETA VIAXEIRA-FAMILIAS

 Bo día, Liliseparador@s!

Xa temos no cole unha nova maleta que nos prestou BIBLIOTECAS ESCOLARES. Ademais de que todos os nenos e nenas do colexio desfruten deses libros e DVD, poño a disposición das familias outros exemplares para que todos os pais e nais que queiran, poidan collelos prestados. Queda habilitado un recuncho de familias na entrada do centro á beira da biblioteca.






mércores, 15 de decembro de 2021

QUE SORTE DE TER A MALETA VIAXEIRA!

 Bo día, Liliseparador@s!

Este ano tivemos a sorte de poder desfrutar no noso cole da maleta viaxeira de creatividade que nos prestou Bibliotecas Escolares. Estiven ben atenta aos vosos gustos e preferencias.  

Agardan sorpresas!!!



mércores, 1 de decembro de 2021

MALETA VIAXEIRA - BIBLIOTECA CREATIVA

Ola, Liliseparador@s!

Aproveitando que neste mes temos o reto lector de arte e creatividade, chegou ao cole a maleta viaxeira con xogos e libros sobre esta temática que nos prestou BIBLIOTECAS ESCOLARES. Espero que gocedes de todo iso e que a vosa imaxinación voe e cre novas realidades. 






mércores, 9 de outubro de 2019

MALETA VIAXEIRA

Este curso tivemos a gran sorte de ter no noso cole a maleta viaxeira de banda deseñada que nos prestou "Bibliotecas Escolares". Durante 15 días, puideron desfrutar dunha gran cantidade de cómics durante a hora de ler.
Tanto gustaron, que Lili, mercou moitos deles como fondos para a nosa biblioteca.