Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de marzo de 2026

LiliSteam con Rosalía

Este curso convertemos o Día de Rosalía nunha semana con distintas actividades, como as cancións que preparamos co noso profe de música.

Ademais, na biblioteca, no reto do mes de febreiro deseñamos chapas e tamén poidemos xogar cos nosos robots para repasar todo o que sabemos da nosa escritora universal.

Reto febreiro 2025-26 de Bibliolili

luns, 2 de marzo de 2026

Cantamos con Rosalía

Ola a todos e a todas!

Para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, fixemos distintos traballos no cole. Nun deles estivemos cantando poemas de Rosalía versionados pola cantante Uxía, que recopila no seu libro-cd, Rosalía pequeniña.

Nesta ligazón atoparedes as alumnas e alumnos de 6º, que cantaron "A grasia non era moita":

https://youtu.be/bTVHRGch4JA?si=erZpc8oLL2_S8v9d

venres, 21 de febreiro de 2025

23 de febreiro: O día de Rosalía

Ola a todos e a todas!

O día 23 de febreiro é o día do aniversario de Rosalía de Castro. Como este ano coincide en domingo, no cole decidimos celebralo tod@s xunt@s este venres 21.

Comezamos as celebracións durante o tempo de lecer. Na biblioteca agardaban por nós distintos tipos de robots sobre taboleiros con información da vida e obra da poeta. Os robots tiñan que moverse até o recadro que ilustraba a resposta correcta ás distintas preguntas que se ían formulando.


Despois do recreo xuntámonos tod@s no ximnasio e cada aula amosou o traballo que realizaramos estes días. Comezou o alumnado de 6ºEP realizando presentacións en pequenos grupos sobre a vida e obra de Rosalía. A continuación, o alumnado de educación infantil cantounos os versos "Eu ven vir estar ó moucho" de Cantares Gallegos. Despois, a aula de 5ºEP probou os nosos coñecementos sobre esta autora cun concurso de "verdadeiro ou falso". Os nenos e nenas de 1º e 2º recitaron cadanseu centón, un poema creado a partir da selección e mestura de versos de distintos poemas de Rosalía. Finalmente, o grupo de 4º recitou o poema "Miña casiña, meu lar". Como neste poema cóntase como se pode preparar un caldo xeitoso, "de gloria", o alumnado de 3º explicounos nunha pequena representación como pode ser a súa elaboración.


luns, 11 de marzo de 2024

DÍA DE ROSALÍA

O venres, 23 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía no noso cole. Limos o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, lembrando a nosa poeta galega que representa como ningunha outra o sentimento de pertenza á nosa Terra. Tamén fixemos entre todos e todas o retrato da nosa poetisa galega. Aquí vos deixo un vídeo dalgúns momentos deste día tan especial.




luns, 27 de febreiro de 2023

Rosalía de Castro

 O 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro. O venres xuntámonos todos para conmemorar o seu día. O alumnado dos diferentes cursos leron un manifesto ademáis de poemas que crearon. 



Tamén fixeron outras actividades relacionadas con Rosalía de Castro.





mércores, 23 de febreiro de 2022

SEMENTANDO PENSAMENTOS

 Ola, Liliseparador@s!

Hoxe homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu aniversario. Seguindo a temática do noso PDI de centro, reciclaxe e medio ambiente, plantamos pensamentos que era unha das flores preferidas desta autora.


Despois de estudar un pouco máis sobre a súa vida e obras, realizamos un cuestionario con taboleiros e escornabots:



Por último, enchemos o noso cole de pensamentos feitos de materiais de reciclaxe e con palabras ou frases de poemas de Rosalía:



FOI UN DÍA MOI DIVERTIDO E ENTRETIDO!!!

mércores, 24 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA

 Bos días, Lililectores!

Esta é a historia dunha nena que brillaba no silencio da noite. A nena era diminuta e a noite pecha e, aínda así, ela nunca tivo medo da escuridade. Porque onde máis negra é a sombra é onde mellor se ven as estrelas.

Sabedes a quen me estou referindo? A Rosalía de Castro.

Na biblioteca temos este libro para que coñezades un pouquiño máis a esta marabillosa escritora.


Para os nenos e nenas de infantil atopei esta actividade. Animádevos a facela.


Agora aos maiores tócavos ser detectives neste apaixonante xogo. 

FELIZ DÍA DE ROSALÍA

martes, 10 de marzo de 2020

DÍA DE ROSALÍA 2020


Co gallo da conmemoración do día de Rosalía, Lili xunto cos equipos de biblioteca e dinaminación lingüística, propuxo aos nenos e nenas de infantil e primaria, escribir os versos do poema Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro, para decorar as escaleiras do noso cole.

Mirade que ben quedaron!!!



Tamén fixemos unha colaxe coa cara de Rosalía, empregando diferentes técnicas de pintura. 

Non puido quedar máis bonita!



Os nenos e nenas de 5º, xunto coa súa titora, tamén expuxeron os seus traballos sobre os poemas de Rosalía ao resto do alumnado do cole.  



Os nenos e nenas de 6º léronlles aos nenos e nenas de infantil, o libro dos Bolechas, sobre a vida de Rosalía de Castro.






luns, 25 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA E DA LINGUA MATERNA

Este día de festa da nosa lingua, tivo este ano un enfoque moi artístico. Comezamos decorando o noso colexio cunha Rosalía de Castro ao estilo Andy Warhol.



















O lema proposto foi Libre o meu pensamento, como reflectía a nosa pancarta: liber ARTE.




Recitamos a poesía de Rosalía Negro Caravel e despois cantamos a canción que interpretou a nosa veciña Sabela. Mirade que bonitas coroas florais levabamos!






Orgullosos do noso idioma, cantamos o Happy galego e puxemos na nosa lingua un artístico e doce toque azul.



martes, 27 de febreiro de 2018

#AbrideAFiestra

#AbrideAFiestra

Lembrando a Rosalía o 23 de febreiro, Lili achegounos estes libros que atopou na biblioteca para traballar o poema Adiós ríos, adiós fontes.











Que ben o recitaron @s peques do cole!









Cada curso de primaria leu dúas estrofas deste poema.




 Como recordo deste día tod@s @s nen@s elaboraron unha carauta desta escritora.





Mirade que guap@s estamos!!!


Para esta celebración decoramos o noso cole.








luns, 2 de marzo de 2015

DÍA DE ROSALÍA


O pasado 24 de febreiro de 2015, conmemórase o Día de Rosalía. Esta excelsa escritora galega naceu un 24 de febreiro de 1837.

 En toda Galicia son múltiples os actos que recordan a súa vida e obra; desde o colexio Santa María tamén queremos SER ROSALÍA.