Amosando publicacións coa etiqueta 22-23 coidámonos con Lili. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 22-23 coidámonos con Lili. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de xuño de 2023

Recomendacións lectoras verán

Xa estamos rematando o curso e para que seguir disfrutando da lectura durante o verán deixamos aquí algunha recomendación: 












xoves, 1 de xuño de 2023

Top 10 lectores

 Hoxe tamén vos presentamos ós 10 alumnos e alumnas máis lectores deste curso 2022/2023. Destacar o alumnado de Educación Infantil que non aparecen neste TOP 10 levaron un montón de libros emprestados durante o curso.


Top 10 libros

 Bo día lililector@s!!!

Xa estamos en xuño. A biblioteca comeza a cerrar durante os recreos para que todos os libros volvan o cole e ir preparando cousiñas. Xa temos o top 10 dos libros máis leídos deste curso.













mércores, 24 de maio de 2023

Enquisas Biblioteca

 Un ano máis a vosa opinión importa e axúdanos a mellor cada curso. Por iso, para o equipo de biblioteca é importante que respondades a esta breve enquisa. Pinchade nos enlaces correspondentes. 


Enquisa familias primaria 

Enquisa familias infantil

Enquisa axudantes da biblioteca

Enquisa alumnado

Grazas pola vosa colaboración!!

Camisetas

 O alumnado de 5º e 6º de primaria  na asignatura de ARTS&CRAFTS decoraron unhas camisetas. Primeiro, pintaronnas con colorante alimenticio de diferentes cores. Unha vez secas, decoraronnas como máis lles gustou.







martes, 23 de maio de 2023

Novidades

Bo día lililector@s!!
Aínda que queda pouquiño para rematar o curso, na biblioteca seguimos recibindo novidades relacionadas co noso PDI: COIDÁMONOSO CON LILI. 


luns, 22 de maio de 2023

Letras Galegas

 O longo de toda a semana fixéronse diferentes actividades para coñecer un pouco ó homenaxeado deste ano: FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

O venres celebramos as Letras Galega no noso cole. Durante as primeiras horas o alumnado  pasou pola biblioteca para xogar cos ESCORNABOTS coa axuda da mestra Rocío.



O mestre Borja tamén foi pasando polas aulas co xogo dos HEXÁGONOS.





Por último, despois do recreo, celebramos o I CONCURSO ¨TI SI QUE VALES¨. Cada curso preparaou unha canción en galego coa axuda da mestra de música Sara e dos titores e titoras.


O noso xurado elixiu como gañadores/as o alumnando de 2º de Educación Primaria.

luns, 15 de maio de 2023

Letras Galegas

O 17 de maio celebrase o día das Letras Galegas. A editorial Xerais agasallounos con este exemplar que nos conta un pouquiño sobre a súa vida. 



O longo desta semana temos previstas diferentes actividades para fomentar o uso do galego e conmemorar este día tan importante para Galicia.

Día Internacional contra o Bulling e o Acoso Escolar

 O 2 de maio conmemorouse o Día Internacional contra o Bulling e o Acoso escolar. O noso alumnado realizou unhas sinais con accións prohibidas para evitar o acoso escolar. 





Novidades

 Acabamos de recibir algúns dos xogos da formación de Biblioteca Creativa. Foran todo un éxito e agora xa os temos dispoñibles na nosa biblioteca para poder xogar con eles.


  



luns, 8 de maio de 2023

Primeiros auxilios


 Durante a semana pasada, todo o alumnado de primaria, recibiu unha formación sobre primeiros auxilios. Coñeceron os aspectos máis importantes para actuar ante unha emerxencia. 

Practicaron cuns bonecos os pasos para realizar unha reanimación cardio-respiratoria (RCP).

Reto lector maio

 Chegamos o último reto lector do curso. Como sabedes no mes de maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, polo que este mes o noso reto será libros en lingua galega.



venres, 28 de abril de 2023

Lapis 3D

 O alumnado de 4º fixo as súas propias creacións cos lapis 3D que temos na biblioteca. Durante os recreos os lapis 3D son todo un éxito.






xoves, 27 de abril de 2023

Impresora 3D

 Esta semana algúns mestres e mestras do centro tiveron unha formación sobre o uso da nosa impresora 3D. Hoxe coa axuda da alumna de 6º, Alba estamos creando o noso primeiro deseño. 







mércores, 26 de abril de 2023

Os animais invertebrados

 O alumnado de 5º estivo investigando sobre os animais invertebrados. Este é o resultado de moitos días de traballo.





Un traballo xenial chicos/as!!!

luns, 24 de abril de 2023

Biblioteca creativa

 O venres todo o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria desfrutou na biblioteca da formación de Biblioteca Creativa na que participamos este curso. O longo da xornada coñeceron diferentes xogos educativos nos que poñian en marcha a súa capacidade lectora, matemática, axilidade...


Día do libro

 A semana pasada conmemoramos a SEMANA DO LIBRO. 






Saímos ó parque a facer lecturas compartidas. Os nenos e nenas de 5º e 6º leron diferentes contos ó resto do alumnado.

Fixemos tamén, uns murais cos nosos libros favoritos





venres, 14 de abril de 2023

Experimentando....

O alumnado de 4º de Educación Primaria está a realizar algún experimento. 



Descubriron como os fluidos non newtonianos (fluidos cuxa viscosidade varía coa temperatura e a tensión constante que se lle aplica) se converten en sólidos cando se aplica presión. 




Durante esta semana, tamén, experimentaron sobre a densidade.