Amosando publicacións coa etiqueta Familias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Familias. Amosar todas as publicacións

luns, 29 de abril de 2024

Lectura en familia

Bo día Lililector@s: Estamos a recibir un montón de familias para ler nas aulas, mirade que estampas máis bonitas! E o ben que o pasan @s nen@s... gozan un montón, ademais de engancharse á lectura! Se é que todo son vantaxes cando unimos a familia e a escola!
Lectura en familia de Bibliolili

martes, 23 de abril de 2024

Familias lectoras

Bo día familias: Xa empezamos coas lecturas das familias no centro, así que animádevos a participar e ler nas clases d@s vos@s nenos e nenas!

domingo, 22 de outubro de 2023

Semana mundial da alfabetización mediática e informacional


Do 23 ao 29 de outubro celébrase a semana mundial da alfabetización mediática e informacional este ano adicada aos espazos dixitáis: unha axenda global colectiva. Tamén nos lanzan un reto no que podemos participar tanto dende as titorías como dende a casa. Mandádenos os vosos retos ao correo: bibliolilisanta@gmail.com e nós publicarémolo neste blog cos cancelos corespondentes!

Máis información  pinchando na foto ou abaixo no cartel:


Cartel semana AMI 2023

luns, 18 de setembro de 2023

Comeza un novo curso

 Iniciamos este novo curso co Proxecto: 


Para comezar a comunicación familia-escola gustaríanos que nos enviárades en calquera formato (unha carta, un debuxo, un audio, un vídeo, etc.) como vos gustaría que fose A Lili do futuro (por exemplo a súa persoalidade, os seus valores, a súa escola, o seu pobo...). Mandádenolo ao longo de todo o curso 23-24 ao correo da biblioteca: bibliolilisanta@gmail.com despois nos publicarémolo neste blogue para que outras familias poidan ver o que facemos. Teremos en conta a vosa colaboración, gracias. Saúdos e ata pronto!


luns, 6 de marzo de 2023

Lecturas e familia

 Boa tarde Lililector@s.

Hoxe a nai de Santiago de 4º de Primaria veu a contarnos outro conto. No mes de xaneiro contou un anaco do Principiño. Nesta ocasión o conto era "El barco de papel".

Moitas grazas por vir.

mércores, 8 de febreiro de 2023

Lecturas compartidas

 Bo día Lililector@s.

O alumnado de 5º e 6º durante o mes de xaneiro visitaron Sotavento para aprender moitas cousas sobre as enerxías renovables.



A mamá de Marcos de 5º aproveitou o interese que mostraron durante a excursión e todo o que están aprendendo na clase sobre o tema para ler un conto relacionado coa enerxía: ¿Cómo es tu energía?.



Quedaron encantados coa lectura. Moitas grazas!!!

Familias animádevos a vir a ler!!!!

martes, 24 de xaneiro de 2023

Lecturas compartidas

Boa día familias!!

Queremos convidarvos a todos/as a participar nas horas de lectura. Podedes vir ó cole a ler un conto a clase dos vosos fillos/as, netos/as, sobriños/as...

Hoxe os alumnos/as de 4º de Educación Primaria tiveron a sorte de recibir a unha mamá que se animou a ler un conto a toda a clase. A semana pasada tamén desfrutaron dun momento de lectura compartido coa avoa dun dos alumnos da clase.


Moitísimas grazas.

Animádevos a compartir unha lectura con nós. 

luns, 23 de xaneiro de 2023

Espazo familia

 Bo día Lililector@s!!!

Durante este curso dende ESPAZO EN FAMILIA estamos recibindo diferentes charlas moi relacionadas co noso proxecto de COIDÁMONOS CON LILI de saúde. Hoxe, por exemplo, os nenos e nenas de 5º aprenderon sobre o uso seguro das tecnoloxías


Durante o mes de xaneiro e febreiro tamén teremos sobre EMOCIÓNS e ALIMENTACIÓN SAUDABLE.

luns, 12 de decembro de 2022

Árbore Nadal


Un curso máis decoramos a nosa árbore de Nadal con adornos feitos polo alumnado en colaboración coas familias. Este curso como estamos a traballar os hábitos saudables os adornos eran froitas para recordanos a importancia dunha boa alimentación e material deportivo, xa que a práctica de exercicio físico é tamén moi necesaria.





xoves, 7 de abril de 2022

CLUB DE LECTURA COMPARTIDA

 Ola, Liliseparadores!

Xa están preto as vacacións! 

Lémbrovos que segue aberto o club de lectura compartida. Podedes aproveitar este tempo de lecer para ler un conto ou libro na casa con algún membro da vosa familia en lingua galega e gravarvos en vídeo. Despois enviádesmos ao correo electrónico da biblioteca (bibliolilisanta@gmail.com)

Grazas pola vosa participación. Espero os vosos correos!

 


FELICES VACACIÓNS!!!

mércores, 9 de marzo de 2022

LECTURA COMPARTIDA YOLANDA 4º

Bo día, Liliseparador@s!

Que ilusión recibir as vosas lecturas compartidas coa familia, ademais xusto no mes en que adicamos o reto lector á poesía. Moitas grazas pola vosa participación.

xoves, 24 de febreiro de 2022

MALETA VIAXEIRA-FAMILIAS

Bo día, Liliseparador@s!

Gozamos moito cos libros e películas que nos prestou BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Foi unha experiencia moi enriquecedora polo que seguro que o curso que vén volveremos repetila.



xoves, 3 de febreiro de 2022

LECTURA COMPARTIDA HELENA-3º

 Bo día, Liliseparador@s!

Vamos con outra lectura compartida.  Que conto máis bonito elixistes e que fermosa presentación!!!

Moitas grazas a Helena e a súa familia por formar parte de este club. 

PARABÉNS



mércores, 2 de febreiro de 2022

MALETA VIAXEIRA-FAMILIAS

 Bo día, Liliseparador@s!

Xa temos no cole unha nova maleta que nos prestou BIBLIOTECAS ESCOLARES. Ademais de que todos os nenos e nenas do colexio desfruten deses libros e DVD, poño a disposición das familias outros exemplares para que todos os pais e nais que queiran, poidan collelos prestados. Queda habilitado un recuncho de familias na entrada do centro á beira da biblioteca.






luns, 13 de decembro de 2021

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Bo día, Liliseparador@s!

A nosa árbore de Nadal xa empeza a encherse cos vosos traballiños. Aquí tedes a proba de todo o que aprendestes nestes meses sobre a reciclaxe. Grazas a vós e as vosas familias por participar activamente nas actividades do colexio.



 
Vémonos na biblio!!!

martes, 2 de novembro de 2021

VASOIRAS RECICLADAS

 Ola, Liliseparador@s!

Aquí tedes unha mostra das vasoiras que foron chegando ao cole. O CEIPP Santa María vaise enchendo de materiais reciclables cunha segunda utilidade. Moitas grazas ás familias por axudar aos nen@s neste traballo tan creativo. 

PARABÉNS PEQUEN@S ARTISTAS!!!




venres, 29 de outubro de 2021

CONXURO POPULAR

 Bo día, Liliseparador@s!

Déixovos un conxuro popular galego de tradición oral que nos aportou unha familia. Moitas grazas por involucrarvos na educación dos nen@s e participar activamente en todas as actividades propostas polo centro.



martes, 25 de maio de 2021

EXPERIMENTOS EN FAMILIA DE 6.º DE E. PRIMARIA

 Ola, Lilicientífic@s!

Os nenos e nenas de 6.º de E. Primaria parece que estiveron experimentando en familia. Agora que xa somos uns expert@s investigadores, podedes comprobar e practicar algúns deles na casa.

 Parabéns polo voso traballo !!!



EXPERIMENTOS 5.º E. PRIMARIA

 Bos días, Lilicientífic@s!

Os nenos e nenas de 5.º de E. Primaria están a experimentar na casa. Botade unha ollada aos seus ensaios.


ADIANTE COA CIENCIA!!!

luns, 24 de maio de 2021

OS NENOS E NENAS DE 6º DE E. INFANTIL EXPERIMENTAN NA CASA E NO COLE

 Ola, Lilicientífic@s!

Mirade que ben o pasaron os nenos e nenas de 5 anos amosando os experimentos feitos na casa ao resto de compañeir@s da aula. 

Grazas ás familias pola súa implicación.