xoves, 14 de maio de 2026

Obradoiro con Charo Pita

Ola a todos e a todas! 

Este é o noso primeiro ano participando no programa Radio na Biblio. Dentro deste, o alumnado de 4ºEP recibiu a visita de Charo Pita, quen nos propuxo dúas actividades. Coa primeira viaxamos con Mary Kingley e practicamos a escribir un guión dun programa de radio. Na segunda parte practicamos a nosa expresión oral lendo teatro para seguir mellorando os nosos podcasts. 


Moitísimas grazas por vir Charo!

venres, 8 de maio de 2026

LiliPatios

Aínda que estamos moi caladiñ@s, no patio do noso cole comezaron a pasar cousas... Xa puxemos en marcha os LiliPatios deste curso xa que, aínda que son a mascota da biblio, de vez en cando saio un pouco e déixovos algunhas cousiñas para que o pasades ben no tempo de lecer

Este ano todos os días podemos xogar co xadrez, coa area, coa bilio portátil e coa mesa de ping pong. Ademais podemos observar como van os nosos cultivos e fedellar no areeiro.

Todos os venres temos unha nova proposta de xogos no recreo. Para iso contamos coa axuda do alumnado de 5º que sempre está moi atento. 

Espero que os esteades a aproveitar moitísimo!

LiliPatios 2025-26 de Bibliolili

Día da Radio

Ola!

Tiñamos unha publicación pendente e unha actividade que contarvos.

O Día da Radio celébrase o 13 de febreiro. Este ano estabamos algo ocupados e ocupadas celebrando o Entroido por iso decidimos pospoñer a súa celebración para os días seguintes e mereceu a pena. 



Os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º recibimos a visita de Xosé Montero, director de Radio Eume para coñecer máis o seu traballo e o funcionamento da emisora. Como nos convidou a coñecer as instalacións da radio municipal, fómonos achegando ata alí durante o trimestre pasado para aprender máis sobre como traballan. 

Incluso saímos en directo na radio!

Mil grazas pola experiencia!



Xornadas dos Clubs de Lectura

Ola!

Este ano, aínda que caladiñ@s tamén puxemos en marcha varias seccións do club de lectura "Lili Lin Club". Non pensabamos ter unha resposta tan alta do alumnado.

Por iso, tamén participamos nas Xornadas de Clubs de Lectura que se celebran cada ano en Santiago. É un pracer aprender doutros coles e compartir as nosas experiencias.



mércores, 6 de maio de 2026

A Semana do Libro

Ola lectores e lectoras!

Coma todos os anos celebramos con grandísima ledicia a Semana do Libro. Coma todos os anos celebramos o noso apadriñamento/amadriñamento lector no que o alumnado de 5º e 6º escolle un conto e lello aos nenos e nenas máis pequen@s.

Ademais este ano pedimos a colaboración das familias para recrear cunha fotografía na que fosen os seus fillos e fillas as protagonistas da portada dun libro.

Coas súas propostas realizamos unha exposición no patio do cole para que todas as persoas puidesen gozar do fantástico traballo. Moitísimas grazas pola xenial participación!


luns, 20 de abril de 2026

LiliSteam Abril

 Este ano, en abril volvemos facer pulseiras, pero cunha técnica nova á do ano pasado, cal vos gusta máis?

Reto abril 2025-26 de Bibliolili

martes, 17 de marzo de 2026

Día da Muller

Ola a todos os lileiros e lileiras!

Durante estes días estamos a traballar nas aulas de moi distintas maneiras para celebrar o Día da Muller, aínda así quixemos xuntarnos tod@s este luns para facer unha homenaxe conxunta.