Non vos contamos que ben o pasamos o Día das Letras Galegas?
Este curso celebramos este día o 15 xa que o 17 era festivo. Despois do tempo de lecer xuntámonos todos e todas no patio e fixemos grupos. Pero non fixemos grupos por cada curso, mesturámonos e en cada grupo había nenos e nenas de todas as idades.
Lili preparara distintas actividades relacionadas co Día das Letras Galegas e tamén coa autora homenaxeada este ano, Begoña Caamaño.
- Puxéronnos música para bailar.
- Xogamos a "Pasapalabra" na entrada do cole.
- Falamos pola radio.
- Tamén participamos en xogos tradicionais.
- Pintamos un mural e fixemos pasatempos no patio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: