Sabedes por que se celebra neste día?
Pois, o Día Internacional das Bibliotecas Escolares estableceuse no ano 1997, por parte da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil. Con este día pretendíase lembrar a destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992, durante a guerra de Bosnia.
Neste día, o noso centro festexou o Día da Biblioteca con diversas actividades.
O alumnado de 5º e 6º escolleu distintos libros na biblioteca, sendo asesorados, como non, pola nosa mascota Lili. Despois foron polas aulas de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria lendo aos nenos e nenas libros tan interesantes e entretidos coma Unha pantasma con asma e A casa da mosca chosca, entre outros.
Mirade aquí o ben que o pasamos!