miércoles, 28 de diciembre de 2011

CONCURSO "IMAXINA UN DÍA SEN LIBROS"


O 14 de decembro tivo lugar na nosa biblioteca, a entrega de premios e diplomas dentro do concurso "Imaxina un día sen libros".
Os participantes foron os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Educación Primaria.
A comisión avaliadora o tivo moi difícil, pois os nosos rapaces e rapazas amosaron unha gran capacidade de inventiva e creatividade.
Os gañadores foron:
Categoría 3º EP: Paula Rodríguez Durán, Daniel Galego Doldán e Julia Galego Díaz.
Categoría 4º EP: Icía Basanta, Álvaro García Bellas e Sofía Ramos González.