martes, 6 de noviembre de 2012



24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este é o cartel que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria presentou para celebrar o Día da Biblioteca.
Como vedes, é ben fermoso e ten como lema "Biblioteca escolar, acelerador de innovación" .




Neste día, o noso cole tamén estivo de celebración. Da biblioteca partiron, un ano máis, as mochilas viaxeiras.





Tamén, para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS, os alumnos e alumnas de 6º, despois dun longo traballo, presentaron o seu libro: "Buscando casa en As Pontes".
Este libro fíxose con moita ilusión, e nel cóntase como un trasno chega ao noso pobo e busca casa entre toda a diversidade de cogomelos que hai na nosa vila, elixindo finalmente para o seu fogar a "Pimpinella morada".
Pasárono moi ben amosando o seu libro a todos os compañeiros do colexio.
 E para que compartades connosco estes momentos, aquí vos deixamos estas imaxes.