martes, 23 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Hoxe, martes 23 de abril, é un día moi especial para todos nós, pois ademais de ser o Día Internacional do Libro, chegou o momento de reinaugurar a nosa biblioteca, a biblioteca do Santa María, ese lugar onde atoparemos un sinfín de tesouros por descubrir, lugares máxicos por coñecer e inesperadas aventuras por vivir.
Así, comezamos co pregón, unha poesía de Rafael Alberti adicada ao libro que deu entrada a moitas actividades que se van desenvolver ao longo deste mes.