martes, 18 de marzo de 2014

BENVIDOS AO NOSO COLE!

O pasado día 21, recibimos con moito agarimo aos nenos da Escola Infantil Barosa. 
Con moita ilusión, os alumnos do último curso de educación infantil presentáronlles na nosa biblioteca a animación do libro A que sabe a Lúa. A continuación, os seus compañeiros de 5º de educación primaria dinamizaron a mesma historia cunha versión musicada a xeito de rap.
Podedes ver aquí algúns momentos deste día tan especial.