martes, 11 de noviembre de 2014

SAMAGOSTEEN
2014
O pasado 30 de outubro celebrouse no colexio o Samagosteen, coa finalidade de coñecer e celebrar os nosos costumes e tradicións. Agrupamos, tal e como o nome indica,  Samaín,  Magosto e  Halloween. 
Desde a nosa biblioteca propúxose ao alumnado unha recollida de ditos, refráns, adiviñas... que tivesen relación co outono e as súas festas.
Entre outras cousas, co material recollido decoráronse árbores enchendo as pólas e as follas con fermosos traballos realizados polos nenos.
Podedes ver unha pequena mostra deles.