jueves, 25 de enero de 2018

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O vindeiro día 30 de xaneiro, celebraremos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ. Para conmemoralo, cantaremos todos xuntos no patio de recreo a canción CON OTROS de Manu Escudero.





Seguindo co proxecto deste ano, colocarémonos formando os aros olímpicos e levaremos posta a nosa pulseira da paz.




Na entrada da biblioteca, no Recuncho da PAZ, estarán a vosa disposición uns libros con esta temática para desfrutar coa súa lectura.




Alí teredes unha SORPRESA!!!


Elaboramos unha guía de lecturas pola paz para que traballedes esa semana.