miércoles, 25 de abril de 2018

XINCANA OLÍMPICA- LER, UN DEPORTE PARA TODAS E TODOS

O día 23 de abril, celebramos no  noso cole unha xincana moi especial. Fixéronse equipos con alumn@s de distintos cursos dentro das seguintes categorías: infantil, 1.º-2.º-3.º e 4.º-5.º-6.º de primaria.

A competición consistía en facer o percorrido no menor tempo posible, montar un puzle con imaxes dun exemplar de El gran libro de los deportes de Geronimo Stilton e responder unha pregunta sobre esa lámina.



 
O circuíto tiña a súa dificultade!!!




Á présa, á présa montamos o puzle e buscamos a resposta.





Fixemos un mural chulísimo!!! 





  Todos tivemos premio porque, amigos,   
O IMPORTANTE É PARTICIPAR.