lunes, 4 de febrero de 2019

SE NO TEU MUNDO NON HAI PAZ, PÍNTAA!

Lili tróuxonos unha interesante proposta para celebrar o Día da Paz: facer entre todos un mural co Guernica de Picasso, unha obra que é en si mesma un berro contra os desastres da guerra. 
Cada curso coloreou dúas pezas que foron colocadas polos nenos no patio do colexio.




























As nosas paredes enchéronse de murais. Colocamos neles palabras que reflicten os nosos desexos de paz.



No patio, cantamos a canción Si en tu mundo no hay paz, píntala, vestidos coas cores do arco da vella.
















Colocamos o noso recuncho da paz na entrada da biblioteca.


Tamén fixemos a nosa interpretación da obra Un ramo de amizade de Picasso.


 Neste colexio somos xente de paz!