martes, 28 de maio de 2019

MUSEO SANTA MARÍA LILIARTE

O traballo de todo o ano, coordinándonos con Dinamización Lingüística a través do seu proxecto de innovación EscolARTE, quedou reflectido  na creación do noso museo. Os corredores convertéronse en galerías de arte nos que quedaron expostos as magníficas creacións do noso alumnado.


Así de bonita quedou a entrada ao noso museo cos cadros máis representativos dos pintores galegos traballados.

Nos próximos días teremos a visita dos compañeiros doutros colexios da localidade.