Co gallo da conmemoración do día de Rosalía, Lili xunto cos equipos de biblioteca e dinaminación lingüística, propuxo aos nenos e nenas de infantil e primaria, escribir os versos do poema Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro, para decorar as escaleiras do noso cole.
Mirade que ben quedaron!!!
Tamén fixemos unha colaxe coa cara de Rosalía, empregando diferentes técnicas de pintura.
Non puido quedar máis bonita!
Os nenos e nenas de 5º, xunto coa súa titora, tamén expuxeron os seus traballos sobre os poemas de Rosalía ao resto do alumnado do cole.
Os nenos e nenas de 6º léronlles aos nenos e nenas de infantil, o libro dos Bolechas, sobre a vida de Rosalía de Castro.