lunes, 20 de abril de 2020

BÚSCASE!

Ola de novo, Lililectores!
Estes días de vacacións desfrutei do que máis me gusta facer. Sabedes que é?
Claro que si... a lectura!!!
Na biblioteca do cole atopei este fermosísimo libro onde descubrín a unha lebre coa miña mesma gran afición. Búscase baixo a sospeita de roubar novelas, desaparecer con dicionarios, coller poesías e quitar cómics e libros de cociña. Veuse por última vez na casa de Arturo.

Axúdasme a atopala?

https://www.combeleditorial.com/es/libro/se-busca-lili-la-liebre-ladrona-de-libros_978-84-9101-044-9






Que vos parece se agora creades o voso propio cartel de ladróns e ladroas de libros?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios: