jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

"LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DEL Sr. MORRIS LESSMORE"

Lililectores, estades preparados para entrar e descubrir esta fascinante libro?
Trátase dunha historia inspirada na curtametraxe do mesmo título, gañadora dun Óscar no ano 2012. Esta curta non ten diálogo nin narración algunha, unicamente un acertado acompañamento musical. A historia conta a vida do Sr. Morris, "amante das palabras, das historias e dos libros". Un furacán acaba con todo o que coñecera. Incluso coas palabras do libro no que cada día registraba as súas vivencias. Só e desconcertado, o protagonista da historia camiña ata que se atopa cunha muller que voa impulsada no aire por un grupo de libros voadores. Esta muller entrégalle un libro a Morris converténdose na súa salvación. Este libro condúceo a unha biblioteca na que entra en contacto con outros moitos libros voadores...





E para conmemorar o día do libro tamén vos deixo unha actividade moi chula relacionada co cine. Trátase dun carrete de película no que podedes escribir algunha cita dos libros que máis vos gusten, o se non, debuxar as súas portadas. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios: