jueves, 2 de abril de 2020

TODO VAI SAÍR BEN

Xa que estamos este ano co proxecto de cine: CINELILI, estiven pensando estes días que, que mellor forma de amosar todas esas cousas boas e positivas que podemos facer na casa, que a través dun vídeo. Por iso, propóñovos a todos os nenos, nenas e familias do cole, que gravedes nas vosas casas un pequeno vídeo con cousas positivas que facedes estes días. Podedes incluir debuxos, carteles, murais ou calquera cousa que vos dicte a imaxinación baixo o lema:

TODO VAI SAÍR BEN!

Unha vez que teñades os vídeos, mandádemos antes do 1 de maio ao correo: bibliolilisanta@gmail.com

Cando teña todos os vídeos, montaremos un supervídeo. 
 Xa veredes que chulo queda!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios: