Ola, Liliseparador@s!
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas: ler, aprender, descubrir" céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos.
Nós non quixemos deixar de festexalo cun xogo de pistas. Espero que o pasásedes xenial. Tamén aproveitamos a ocasión para repartir as mochilas viaxeiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Comentarios: