viernes, 27 de marzo de 2020

BINGO LITERARIO

O bingo literario é unha técnica de animación á lectura moi sinxela de aplicar e que gusta moito aos nenos e nenas. Consiste en completar as casiñas dunha táboa cun libro cunha certa característica. Aquí vos deixo un modelo e unha plantilla para facelo.


    
                   
Outra forma de xogar ao bingo literario cos pais e nais:

Consiste en repartir uns cartóns nos que os participantes deben escribir nove palabras importantes dun conto que elixades e que coñezan. Empezades a ler o conto despacio, e cando o neno ou nena teña as súas nove palabras tachadas dirá ¡Bingo!. Parades a lectura e comprobades.




A XOGAR!!!