A nosa querida Lili deulles a benvida aos nenos e nenas que acaban de chegar ao cole, queredes escoitala vós tamén?
venres, 17 de outubro de 2025
mércores, 15 de outubro de 2025
Benvid@s ao curso 2025-2026
Ola lileiros e lileiras!
Benvid@s a un novo curso no Santa.
Este ano abrimos a biblio un día moi especial: O Día das Escritoras. Coa axuda d@s nov@s axudantes da biblio preparamos catro probas para coñecer (ou recordar) mellor a biblioteca. Para poder entrar tiveron que montar un quebracabezas. Resultaron ser imaxes de distintas escritoras.
Xa dentro resolveron probas relacionadas coas normas, cos distintos recunchos e tamén sobre como se ordenan os libros que temos.
Como todas as aulas superaron as probas puideron levarse os novos carnés e máis a cesta de libros que preparamos para enriquecer as biblios de aula.
Moitas grazas pola participación e un agrademento especial ao alumnado axudante que o fixo xenial!
Unha aperta!
xoves, 19 de xuño de 2025
As nosas recompensas
Ola a tod@s @s lileir@s!
Rematamos o curso esta semana. Estes últimos días de clase foron para recordar, recompilar e tamén para agradecer a vosa participación nas actividades da biblioteca.
Nun dos recreos quedámonos un anaquiño máis para darlles un cariño a todos os nenos e a todas as nenas que remataron o reto lector.
venres, 6 de xuño de 2025
Enquisa anual
Coma todos os anos, gustaríanos que nos axudásedes a mellorar a biblioteca. Para iso deixamos aquí unhas enquisas para completar. Para participar premede no voso apartado.
E se tedes calquera outra suxestión ou comentario, non dubidedes en facelo!
Un saúdo de Lili
xoves, 5 de xuño de 2025
Sobre Lector
Este curso puxemos a andar Sobres Lectores. Con eles enviamos ás distintas aulas os xornais e revistas que recibimos no cole para que puidesen ser lidos durante a Hora de Ler.
mércores, 4 de xuño de 2025
Obradoiro de Títeres
Coma todos os anos, os nenos e as nenas de 5º de educación primaria levaron a cabo un obradoiro dentro do programa Biblioteca Creativa. Este curso pedímoslle a Ton Arenas que nos axudase a facer títeres para as nosas obras de teatro. E así, foi! Cun pouco de atraso xa que tivemos que pospoñer a visita por mor do apagón, o alumnado aprendeu a deseñar títeres de cartón. Temos moitas ganas de que nolos ensinen a facer nos obradoiros de LiliSteam do curso que vén.
Mil grazas Ton polo taller!
martes, 3 de xuño de 2025
Contacontos
Bos días lileiros e lileiras!
Despois de ler A vaca dixo mua no 1º ciclo, Cuentos que dan mucho juego no 2º ciclo e Cuentos en verso para niños perversos no 3º, achegouse Vicki ao cole para axudarnos a darlles vida.
Con ela dramatizamos e xogamos coas distintas historias que leramos.
Mil grazas pola visita!