Amosando publicacións coa etiqueta 17-18 As Liliolimpiadas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 17-18 As Liliolimpiadas. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

O 21 de maio tivo lugar no Cine Alovi o noso Festival das Letras Galegas, adicado á autora homenaxeada Mª Victoria Moreno. Cancións, recitados, dramatizacións ... foron algunhas das actividades realizadas. A xulgar polos aplausos recibidos, ixémolo moi ben!!














venres, 4 de maio de 2018

ANIMACIÓN IAGO LÓPEZ

O 3 de maio tivemos a visita de Iago López para presentar a animación sobre o libro de Mª Victoria Moreno, Eu conto, ti cantas... aos nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. Foi unha sesión moi especial na que poidemos coñecer máis en profundidade este marabilloso libro da autora homenaxeada este ano. 








xoves, 3 de maio de 2018

ANIMACIÓN ERICA GONZÁLEZ


O pasado 2 de maio visitou o noso centro Erica González que nos ofreceu unha magnífica sesión de Animación á Lectura seguindo a temática do noso PDI. Todo o alumnado desfrutou desta actividade na que ademais contamos cunha visita moi especial, os nenos e nenas de CEIP da Igrexa das Somozas. 









venres, 27 de abril de 2018

SANTA MARÍA SOLIDARIO


A organización Save the Children invitounos un ano máis a participar na X edición do Marcapáxinas pola Solidariedade, no  Día do Libro Solidario para axudar @s neno@s  de Sudán do Sur.

O noso traballo consistiu en decorar uns marcapáxinas ao noso gusto, para logo vendelos á nosa familia ou amigos por un precio simbólico. 

Fixemos un bonito acto para entregar a nosa recadación e recibimos un diploma polo noso espírito solidario.



mércores, 25 de abril de 2018

XINCANA OLÍMPICA- LER, UN DEPORTE PARA TODAS E TODOS

O día 23 de abril, celebramos no  noso cole unha xincana moi especial. Fixéronse equipos con alumn@s de distintos cursos dentro das seguintes categorías: infantil, 1.º-2.º-3.º e 4.º-5.º-6.º de primaria.

A competición consistía en facer o percorrido no menor tempo posible, montar un puzle con imaxes dun exemplar de El gran libro de los deportes de Geronimo Stilton e responder unha pregunta sobre esa lámina.



 
O circuíto tiña a súa dificultade!!!




Á présa, á présa montamos o puzle e buscamos a resposta.





Fixemos un mural chulísimo!!! 





  Todos tivemos premio porque, amigos,   
O IMPORTANTE É PARTICIPAR.

xoves, 19 de abril de 2018

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

O día 17 de abril os nenos de primeiro fomos de visita á Biblioteca Municipal. Alí esperábanos a bibliotecaria que nos ensinou as instalacións. Na sección infantil, amosounos distintos libros coa temática do noso proxecto e un vídeo referido aos xogos olímpicos.












Coloreamos os aros olímpicos e ao rematar... sorpresa!, levamos como recordo un libro.



COLABORACIÓN DAS FAMILIAS


Unha mamá dunha alumna de Infantil propúxonos facer unha sesión de Animación á Lectura na nosa Biblioteca. Aceptamos encantados! Mírade que ben o pasaron mentras lles contaban o conto Amelia quería un perro !







martes, 17 de abril de 2018


SEMANA DA PRENSA

O alumnado de 6º de Educación Primaria do noso colexio participa durante todo o curso no programa Prensa-Escuela da Voz de Galicia, unha das actividades máis emblemáticas deste programa é o concurso Mejor Periodista Infantil y Juvenil.
Durante a Semana da Prensa, os alumn@s de 6º, participaron neste concurso seleccionando unha noticia do xornal, reescribíndoa e ilustrándoa .
Nesta presentación podedes visionar os seus traballos.





luns, 16 de abril de 2018

A VOZ DO SANTAMARÍA 2018

Aquí tedes un novo exemplar de A Voz do Santa María. Este ano fixemos unha edición especial de deportes.




domingo, 8 de abril de 2018

ENTREVISTAS A DEPORTISTAS DA LOCALIDADE

Este ano, seguindo a temática do noso PDI, decidimos adicar a Semana da Prensa a facer unha edición especial do noso xornal A Voz do Santamaría. UNHA EDICIÓN DE  DEPORTE!!!
Foi un proxecto moi interesante no que participaron deportistas da localidade, que en moitos casos tamén forman parte da nosa Comunidade Educativa posto que son familiares dos nosos alumnos.
 Visita de Lucía Legaspi e Susana Castro
(ATLETISMO)





 Visita de Celso Barro e Arturo Torrente
(TAEKWONDO e PIRAGÜISMO)




     Visita de José Rodríguez e Xesús Alén
(HAND KRAV FU e PIRAGÜISMO)



  Visita de Evaristo Puentes e Ignacio Iglesias

(FÚTBOL)





ENTREVISTA A DAVID ROCHELA DESDE TAILANDIA
(FÚTBOL)