Amosando publicacións coa etiqueta 3D. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3D. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de maio de 2024

Os nomes das aulas

Bo día Lililector@s: Xa dende cursos pasados rondábanos a idea de poñer nomes ás aulas. A principio de curso dende o departamento de Normalización Lingüística decidiuse elixir nomes de personaxes galegos e a casualidade quixo que todas as aulas elixiran nomes de mulleres. Dende Biblioteca Creativa e Polos Creativos pensamos que sería boa idea dar unha base e que o alumnado escribira cadanseu nome da aula e así o fixemos. Mirade que ben quedaron na impresora 3D. Colocarémolos nas entradas das aulas polo Día das Letras Galegas

venres, 28 de abril de 2023

Lapis 3D

 O alumnado de 4º fixo as súas propias creacións cos lapis 3D que temos na biblioteca. Durante os recreos os lapis 3D son todo un éxito.






xoves, 27 de abril de 2023

Impresora 3D

 Esta semana algúns mestres e mestras do centro tiveron unha formación sobre o uso da nosa impresora 3D. Hoxe coa axuda da alumna de 6º, Alba estamos creando o noso primeiro deseño. 







venres, 7 de outubro de 2022

Diversión na Biblioteca

 Ola chic@s! 

Dende o luns temos aberta a biblioteca no recreo para que comecedes co reto lector. Tamén podedes vir ler ou xogar co montón de cousiñas que temos na biblioteca.

O lapis 3D é todo un éxito.

Proximamente teremos sorpresas con cousas novas para tod@s.

Vémonos pola biblio.

Boa fin de semana familias.


martes, 24 de maio de 2022

OBRADOIRO DE IMPRESIÓN 3D

 Bo día, Liliseparador@s!

Dende o cole temos o propósito de promover a aprendizaxe mediante a integración de actividades de impresión 3D co fin de que o noso alumnado poida aprender e dominar as novas tecnoloxías, adquirir novas competencias, desenvolver a súa creatividade e fortalecer a capacidade de resolver problemas de forma lóxica.

Por iso, onte tivemos un obradoiro de impresión 3D impartido por unha persoa moi especial, a mestra Cecilia que anos atrás estivo no noso cole e que tanto sabe sobre esta temática. O resultado final foi a creación dun selo de reciclaxe.



Moitas grazas pola túa axuda, volve cando queiras!!!

mércores, 18 de maio de 2022

LAPIS 3D

 Ola Liliseparador@s!

Temos unha nova adquisición na biblio, unha ferramenta para iniciarse na impresión en tres dimensións. Ademais de axudar a desenvolver a imaxinación e o pensamento espacial, serve para expresar e plasmar as vosas creacións.

Espero que gocedes do lapis 3D que xa forma parte do noso recuncho maker.