Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de abril de 2024

Familias lectoras

Bo día familias: Xa empezamos coas lecturas das familias no centro, así que animádevos a participar e ler nas clases d@s vos@s nenos e nenas!

martes, 8 de xuño de 2021

CONTAXIO

 Bos días, Lililector@s!

Preséntovos un conto didáctico e emocional en tempos da COVID-19 promovido por UNICEF e a actriz e presentadora Lucía Regueiro. Está escrito de forma colaborativa por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, e  ilustrado por Leandro Lamas.


Moitas grazas polo voso agasallo!


martes, 23 de febreiro de 2021

NOVIDADES BIBLIOTECA

 Bos días, Lililectores.

Deixovos aquí as novidades desta tempada. Botádelle unha ollada e pasádevos pola biblioteca.

mércores, 18 de marzo de 2020

CARTA LILI

Ola Lililectores!
Que pena non podervos ver estes días. A biblioteca no é o mesmo sen vós, pero xa sabedes que temos que estar nas nosas casas. Por iso e para que pasedes estes momentos máis amenos propóñovos unha serie de actividades divertidas que irei colgando no blog da biblio.


Estade atentos!!!

 Por último recoméndovos:

- Buscar un sitio tranquilo, cómodo e ben iluminado.
- Evitar distraccións (tablet, ordenador, móbil, tv...)
- Coller  un libro e gozar coa lectura.

Boas lecturas!!!

mércores, 3 de outubro de 2018

HORA DE LER

Este ano seguiremos levando a cabo a media hora de lectura diaria despois do recreo. Xa sabedes que teremos materiais para lectura individual e colectiva. Todos os cursos estades invitados a que veñades a buscar os títulos que máis vos gusten.



martes, 3 de outubro de 2017

HORA DE LER

Este ano seguiremos levando a cabo a media hora de lectura diaria despois do recreo. Xa sabedes que teremos materiais para lectura individual e colectiva. Todos os cursos estades invitados a que veñades a buscar os títulos que máis vos gusten.


mércores, 15 de abril de 2015

O CASTAÑEIRO DE ABRIL

O pasado 24 de marzo achegouse á nosa biblioteca o escritor Antonio Manuel Fraga Allegue para falarnos do seu libro O castañeiro de abril.

Leramos a historia previamente, pero entendímola moito mellor cando el nos deu as claves do proceso que seguiu para escribila. A acción transcurre na vila de Pontedeume; as localizacións e os personaxes están inspirados na realidade deste lugar.

É un libro marabilloso que espertou o noso interese desde as primeiras páxinas.