Amosando publicacións coa etiqueta Halloween. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Halloween. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de novembro de 2017

VIVA O SAMAGOSTEEN!

Como todos os anos, chegou o tempo das cabazas, das castañas e dos disfraces terroríficos, tempo de festa que os nenos desfrutamos con alegría. A nosa biblioteca non podía quedar á marxe.




















 Mirade que ambientado estaba o noso colexio!



Que medo dabamos vestidos así!

Coas deliciosas castañas do magosto e os xogos no patio, rematou este día tan especial.

xoves, 10 de novembro de 2016

CHEGA O SAMAGOSTEEN!

Na nosa biblioteca o outono é tempo de castañas, de cabazas e de desfrutar con libros sobre fantasmas, bruxas, esqueletos e outros seres máxicos.

 



















Todos colaboramos para facer unha exposición cos nosos libros preferidos de medo e para decorar os corredores con imaxinativas cabazas.


 

                                           















A ambientación e os disfraces quedaron "terroríficos".

martes, 11 de novembro de 2014

SAMAGOSTEEN
2014
O pasado 30 de outubro celebrouse no colexio o Samagosteen, coa finalidade de coñecer e celebrar os nosos costumes e tradicións. Agrupamos, tal e como o nome indica,  Samaín,  Magosto e  Halloween. 
Desde a nosa biblioteca propúxose ao alumnado unha recollida de ditos, refráns, adiviñas... que tivesen relación co outono e as súas festas.
Entre outras cousas, co material recollido decoráronse árbores enchendo as pólas e as follas con fermosos traballos realizados polos nenos.
Podedes ver unha pequena mostra deles.












mércores, 14 de novembro de 2012

Samaín 2012-13



A BIBLIOTECA FESTEXA O SAMAÍN E O HALLOWEEN

Chegou o Samaín. Bruxas, morcegos, monstruos e moito medo viviron os rapaces e rapazas na nosa biblioteca.
Os alumnos viñeron ataviados para este día especial, vestidos como merecía a ocasión.



 
  Un pai dunha nena de 3º, traballador da Radio e Televisión local, contounos a orixe  e o significado desta festa tan antiga que os países anglosaxóns tomaron como súa  e que hoxe celebran con tanto éxito, dándolle o nome de Halloween.