Amosando publicacións coa etiqueta Visita. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Visita. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de outubro de 2023

Día Mundial Do Alzheimer

Hola Lililector@s:


Un dos valores que nos gustaría que tiveran os nosos nenos e nenas do futuro sería o respecto e o apoio aos maiores, non si? Pois o pasado 21 de setembro foi o Día Mundial Do Alzheimer, e que mellor maneira de celebralo que acompañando aos nosos maiores na "Residencia La Magdalena". Así o alumnado de 5º e 6º de Primaria colaborou cos maiores elaborando o muro dos recordos. Vaia iniciativa máis chula!

Pincha na foto e accederás á entrada do Facebook da Magdalena onde teñen publicadas máis fotos. Tamén podedes ver máis fotos na nosa páxina web pinchando aquí.



luns, 25 de outubro de 2021

VISITA CECILIA

 Bos días, Liliseparador@s!

Esta fin de semana tiven unha visita moi especial, veume ver a profe Cecilia. Ademais de darme moitos recordos para vós, estívome contando moitas cousas do seu novo cole. Tamén me fixo unha proposta, lecturas compartidas de MEDO. Que vos parece? Preparamos estes contos? 



Na súa despedida deixoume un agasallo para todos nós, este estupendo conto. Espero que vos guste tanto como a min. 



Moitas grazas, Cecilia. Volve vernos cando queiras.