Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de decembro de 2023

Felices lecturas polo Nadal!

A nosa mascota da biblioteca, Lili, e o Equipo de Biblioteca do cole fixemos unha escolma de lecturas recomendadas para este tempo de vacacións, para aproveitar este tempo frío ao carón dun bo libro e algo quentiño.

Aproveitamos tamén para desexarvos un BO NADAL!!! Vémonos no 2024 pola Biblioteca!





 

luns, 19 de decembro de 2022

Guía Nadal

Estimadas familias:
Xa a puntiño de rematar o primeiro trismestre dende o equipo de biblioteca propoñemos as seguintes recomendacións de Nadal e desexámosvos unhas FELICES FESTAS. 







luns, 12 de decembro de 2022

Árbore Nadal


Un curso máis decoramos a nosa árbore de Nadal con adornos feitos polo alumnado en colaboración coas familias. Este curso como estamos a traballar os hábitos saudables os adornos eran froitas para recordanos a importancia dunha boa alimentación e material deportivo, xa que a práctica de exercicio físico é tamén moi necesaria.





martes, 11 de xaneiro de 2022

AGASALLOS DE NADAL

 Bo día, Liliseparador@s!

Que sorte tivemos! Os Reis Magos pasaron polo noso cole e deixáronnos uns agasallos, grazas a ANPA que colaborou con eles para facer realidade os nosos soños. 

Espero que sigades desenvolvendo a vosa creatividade e mellorando cada día o noso Planeta, como xa sei que estades a facer. 





luns, 13 de decembro de 2021

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Bo día, Liliseparador@s!

A nosa árbore de Nadal xa empeza a encherse cos vosos traballiños. Aquí tedes a proba de todo o que aprendestes nestes meses sobre a reciclaxe. Grazas a vós e as vosas familias por participar activamente nas actividades do colexio.



 
Vémonos na biblio!!!

luns, 6 de decembro de 2021

DECORACIÓN NADAL

 Bo día, Liliseparador@s!

Lembrade que tedes toda esta ponte para realizar os adornos que decorarán a nosa árbore do Nadal. Non vos esquezades que deben ser feitos con materiais de reciclaxe. Agardo as vosas creacións. 

Adiante coa creatividade!!!

martes, 22 de decembro de 2020

FELICES FESTAS

 A pesar de ser un Nadal moi atípico, dende Bibliolili queremos desexarvos que pasedes unhas felices festas, acompañados dos vosos seres máis queridos.

Lembrade ler moito, divertirse coa ciencia e coidarse.

Vémonos pronto! Botareivos de menos.

Unha aperta moi forte para todos vós.





martes, 18 de decembro de 2018

NADAL

Chegan estas datas tan familiares e a biblioteca prepara a súa selección de libros. A exposición colócase na entrada da biblioteca e nela aparecen libros sobre o Nadal e o inverno.


Lecturas para entrar en calor!


GUÍA DE NADAL

Este Nadal vén cargado de novidades. Lili fíxonos unha selección entre os libros que nos van chegando e outros que xa tiñamos na nosa biblioteca, para que vos sirvan de guía se aínda non tedes pensado ningún título. 




















                            Boas lililecturas e ... FELIZ NADAL!

luns, 8 de xaneiro de 2018

NADAL

A nosa biblioteca vestiuse de Nadal. Este ano, seguindo o noso proxecto, decoramos a árbore con medallas olímpicas personalizadas.


Tamén fixemos unha fotografía de recordo ao seu carón vestidos para o festival de Nadal.



xoves, 12 de xaneiro de 2017

O NOSO NADAL CON LILI

Viaxar con Lili por todo o mundo é moi divertido. No festival de Nadal quixemos coñecer distintos lugares a través da súa música e os seus costumes.

De cantas formas se pode viaxar!