Amosando publicacións coa etiqueta Benvida. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Benvida. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de setembro de 2023

Comeza un novo curso

 Iniciamos este novo curso co Proxecto: 


Para comezar a comunicación familia-escola gustaríanos que nos enviárades en calquera formato (unha carta, un debuxo, un audio, un vídeo, etc.) como vos gustaría que fose A Lili do futuro (por exemplo a súa persoalidade, os seus valores, a súa escola, o seu pobo...). Mandádenolo ao longo de todo o curso 23-24 ao correo da biblioteca: bibliolilisanta@gmail.com despois nos publicarémolo neste blogue para que outras familias poidan ver o que facemos. Teremos en conta a vosa colaboración, gracias. Saúdos e ata pronto!


mércores, 7 de setembro de 2022

Coidámonos con Lili

Benvid@s Lililector@s!

Espero que durante o verán seguírades coidando o medio ambiente con todo o que aprendimos xuntos.

Este curso temos nova temática: COIDÁMONOS CON LILI.

Un curso máis, convídovos a todos e todas a participar nas actividades e concursos que estou preparando.

Vémonos mañá!!

mércores, 8 de setembro de 2021

SEPAREMOS CON LILI

Benvid@s, Lililector@s!

Despois de todo o que aprendemos o curso pasado coa ciencia, non podiamos desaproveitar a oportunidade de coñecer a situación ambiental na que se atopa o noso planeta. Como podemos axudar a mellorala, é a miña proposta deste ano.

Adiante coa nova temática do noso proxecto de centro: MEDIO AMBIENTE E RECICLAXE.

Convídovos a todos e a todas a participar nas actividades e concursos que vos estou preparando.

Vémonos pronto, defensor@s ambientais!!!







mércores, 7 de outubro de 2020

COMEZAMOS!

 Bos días, Lililectores.

Comezamos un ano máis a nosa andaina na Biblioteca. Xa temos todo preparado e os meus axudantes xa están listos. 

Lembrade que este curso, é moi importante que tod@s cumpramos as normas. Para iso, déixovos un videotitorial dos nenos e nenas de 6º, que vos axudará a lembralas.



Adiante coa Ciencia na Biblioteca!!

Estades preparad@s?


luns, 5 de outubro de 2020

1º DÍA NA BIBLIOTECA

 Que contenta estou pola vosa visita! 

Hoxe, o primeiro día de apertura da nosa biblioteca tocoulles vir aos nenos e nenas de 1º de primaria. Os encargados e encargadas fixeron un moi bo traballo. 










xoves, 10 de setembro de 2020

NOVO CURSO 20-21

 Bos días, Lililectores

Benvidxs un ano máis ao novo curso. Acordádesvos dos experimentos que fixeron os nenxs de 5º cos libros de ciencias da biblioteca? 

Pois como gustaron tanto, sabedes cal vai ser a temática do proxecto deste ano?

Acertástedes!! É a ciencia, por iso chamarase: LILICIENCIA.

Adentrarémonos no inxenioso mundo da investigación científica e tecnolóxica, da miña man. 

Espero pasalo moi ben con todxs vós, aprender e experimentar un montón todxs xuntxs!

Vémonos pronto!

 LILICIENTÍFICOS!





martes, 1 de outubro de 2019

BENVIDOS A UN CURSO DE CINE!!!

Outra das moitas afeccións que ten Lili é o cine. Estas pasadas vacacións asistiu a algúns dos máis afamados festivais de cine: o festival de Venecia, o de San Sebastián e o galego de Cans.



Este curso creo que Lili nos quere levar ao mundo do cine.





Lili diante do auditorio Kursaal de San Sebastián.


Que sorpresas nos traerá?




luns, 24 de setembro de 2018

BENVIDOS!!!

A nosa Lili tenvos moitas afeccións. Estas pasadas vacacións dedicouse a visitar os máis famosos museos do mundo e volveu coa cabeza cheíña de arte. 

Pensando, pensando no proxecto deste ano, ocorréuselle unha proposta, o proxecto Liliarte (de Lili, liarte e arte, un xoguiño de palabras) e está poñendo a punto as primeiras ideas para que aprendamos e nos divirtamos coa pintura.

Atréveste a liarte con Lili e coa pintura?

luns, 25 de setembro de 2017

Benvidos!!!

Comezamos un novo curso con moita ilusión.

Sabedes que xa van 25 anos desde a celebración das Olimpiadas de Barcelona. Ademais celébranse os XXIII Xogos Olímpicos de Inverno en Corea do Sur.

Como Lili é moi deportista, tráenos moitas novidades e un novo proxecto: As Liliolimpiadas. Esperaremos as súas cartas a ver que nos conta!

mércores, 26 de outubro de 2016

UN NOVO PROXECTO !

A nosa mascota Lili tivo un verán moi axitado: deu a volta ao mundo.

Cando volveu ás Pontes, pensou que sería unha boa idea contarlle aos nenos a súa viaxe. Así naceu o proxecto A volta ao mundo con Lili.

Convidámosvos a todos a compartir a nosa aventura! 


martes, 27 de outubro de 2015

UN ANO DE AVENTURAS

A entrada da nosa biblioteca transformouse de xeito sorprendente. Este curso imos ir De aventuras polos castelos.

 

 Animádevos a vir con nós!

luns, 15 de setembro de 2014

FELIZ COMEZO! 

 

Abrimos de novo as portas da nosa biblioteca desexándovos unha boa entrada neste novo curso e invitándovos a entrar no fascinante mundo da lectura. 

 

xoves, 19 de setembro de 2013

BENVIDA AO CURSO 2013-14

Ola!

Queremos darvos a benvida a tod@s para este novo curso e para unha nova andaina da vosa biblio.


Ante todo, darvos as grazas pola vosa magnífica participación e colaboración no pasado curso.


Este ano teremos, coma sempre, moitas actividades para animarvos nas vosas lecturas.





xoves, 13 de setembro de 2012

FELIZ CURSO 2012-2013


 
Benvidos de novo á biblioteca do CEIP Santa María. Xa están de novo abertas as portas da nosa biblioteca. Despois dun verán que supoñemos moi lector por parte de todos, volvemos a poñer en marcha o servizo de biblioteca.
Continuaremos este curso con moitas actividades que viñamos realizando ao longo de anos anteriores. Pero este ano nos esperan tamén novos proxectos.

Cartel-reapertura-2011