Amosando publicacións coa etiqueta 21-22 Separemos con Lili. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 21-22 Separemos con Lili. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de xuño de 2022

GUÍA DE RECICLAXE

Bo día, Liliseparador@s!

Este ano traballastes moitísimo mellorando o noso Planeta. Aquí tedes unha recompilación do voso esforzo. Entre todos faremos un MUNDO MELLOR.

SEGUIDE ASÍ!!!



luns, 6 de xuño de 2022

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 Bo día, Liliseparador@s!

Onte foi o Día Mundial do Medio Ambiente. Os nenos e nenas máis pequen@s do cole están aprendendo o papel que xogan as abellas no medio ambiente, xa que é fundamental e insubstituíble. A extinción destes insectos sociais prexudicaría de forma importante o equilibrio ecolóxico do planeta, ata tal punto que a supervivencia humana sería case imposible.

A abella é un auténtico detector ecolóxico porque o seu corpo está cuberto de pelos que axudan a capturar as substancias que entran en contacto con elas, é sensible a moitos produtos tóxicos e visitan todos os sectores ambientais: chan, vexetación, aire e auga.

Grazas ao microscopio os nenos e nenas puideron espertar o seu interese científico, observaron o mundo desde unha perspectiva diferente, melloraron as súas habilidades analíticas e estimularon a súa concentración. 

O medio ambiente é responsabilidade de todos! 

PARABÉNS PEQUEN@S GARDIÁNS DO MEDIO AMBIENTE!!!


Tamén os nenos e nenas de 4º de E.P. prepararon uns taboleiros de reciclaxe para os escornabots e despois xogaron con eles. Mirade canto aprenderon e que ben o pasaron!


venres, 3 de xuño de 2022

GUÍA DE LECTURA PARA O VERÁN

 Bo día, Liliseparador@s!

Que pouco falta para as vacacións de verán! 

Este curso puiden comprobar canto vos gusta vir á biblioteca e utilizar o recuncho creativo. Por iso, nesta guía ademais de recomendacións de libros, tedes tamén xogos para que as tardes sexan máis amenas. Gozade das vacacións que o tedes merecido!!!







Mirade os BOOKTUBERS do cole recomendando as súas lecturas:

mércores, 1 de xuño de 2022

TOP TEN

 Bo día, Liliseparador@s!

Despois dun ano de moitísimas lecturas é o momento das recompensas. Parabéns aos dez lector@s máis activ@s!






Déixovos aquí a listaxe dos libros que máis collestes este curso.


mércores, 25 de maio de 2022

A VOSA OPINIÓN IMPORTA

 Bo día Liliseparador@s!

Un curso máis queremos mellorar a nosa biblio e para iso tedes un gran misión, sodes @s encargad@s de cubrir as seguintes enquisas. Gracias a toda a comunidade educativa pola súa colaboración.

Enquisa para as familias de E. Infantil:


Enquisa para as familias de E. Primaria:


Enquisa para os alumnos e alumnas:

Enquisas para os encargados e encargadas:




MALETA VIAXEIRA UCRAÍNA

 Bo día, Liliseparador@s!

Xa temos no cole, ata o día 6 de xuño, unha maleta de acollida do alumnado desprazado polo conflito en Ucraína con temática sobre as situación de guerra, a condición das persoas refuxiadas, e algúns libros bilingües castelán-ucraíno. Estos libros percorrerán as clases para sensibilizar ao alumnado e fomentar a inclusión dos nos@s nov@s compañeir@s!










martes, 24 de maio de 2022

PAPEL RECICLADO

 Ola, Liliseparador@s!

Os nenos e nenas que realizaron o obradoiro de papel reciclado, déronlle uso ao creado preparando distintos traballos sobre o homenaxeado das letras galegas.

Déixovos unha mostra do impresionante que quedou. Parabéns artistas!!!




OBRADOIRO DE IMPRESIÓN 3D

 Bo día, Liliseparador@s!

Dende o cole temos o propósito de promover a aprendizaxe mediante a integración de actividades de impresión 3D co fin de que o noso alumnado poida aprender e dominar as novas tecnoloxías, adquirir novas competencias, desenvolver a súa creatividade e fortalecer a capacidade de resolver problemas de forma lóxica.

Por iso, onte tivemos un obradoiro de impresión 3D impartido por unha persoa moi especial, a mestra Cecilia que anos atrás estivo no noso cole e que tanto sabe sobre esta temática. O resultado final foi a creación dun selo de reciclaxe.



Moitas grazas pola túa axuda, volve cando queiras!!!

EMPREGAMOS AS NOVAS TECNOLOXÍAS

 Bo día, Liliseparador@s!

As novas tecnoloxías teñen moitos beneficios para os nenos e as nenas. Unha contorna de aprendizaxe personalizada pode facer que se sentan máis motivados á hora de aprender a impulsar a súa educación, permitindo que deixen voar a súa imaxinación nas súas propias aventuras e que exploren e descubran cousas novas mentres xogan.

Mirade os nenos e nenas máis pequenos do cole que ben o pasan e canto aprenden!!!











mércores, 18 de maio de 2022

LAPIS 3D

 Ola Liliseparador@s!

Temos unha nova adquisición na biblio, unha ferramenta para iniciarse na impresión en tres dimensións. Ademais de axudar a desenvolver a imaxinación e o pensamento espacial, serve para expresar e plasmar as vosas creacións.

Espero que gocedes do lapis 3D que xa forma parte do noso recuncho maker.



venres, 13 de maio de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

 Bo día, Liliseparador@s!

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano están adicadas a Florencio Manuel Delgado Gurriarán, un poeta ourensán namorado da súa terra galega. Aquí vos deixo un xogo para comprobar se sodes expertos neste escritor galego.

PARA INFANTIL E 1.º DE E.P.






PARA 2.º E 3.º DE E.P
.





PARA 4.º,5.º E 6.º DE E.P.


Ademais ao longo da mañá realizaremos actividades cos escornabots, xogaremos ao hexágono e cantaremos e bailaremos regueifas. 



Que ben o pasastes e canto aprendestes do autor homenaxeado. Dá gusto ver como participades activamente en todas as actividades propostas. Tedes aquí unha pequena mostra.



PARABÉNS!!!

mércores, 11 de maio de 2022

XOGAMOS DESENVOLVENDO A NOSA CREATIVIDADE

 Bo día, Liliseparador@s!

Da gusto ver como empregades todos os recursos que temos na biblio para pasalo ben. 




ESPERO A VOSA VISITA!!!

martes, 10 de maio de 2022

NOVIDADES LIBROS INFORMATIVOS E CREATIVOS

 Bo día, Liliseparador@s!

Temos na nosa biblio novidades de libros informativos. Este tipo de libros proporcionan o acceso á cultura escrita, amplían vocabulario, ofrecen información estruturada, axudan a comprender o mundo, fomentan o pensamento crítico e promoven a reflexión sobre temas cotiáns, permiten o autoaprendizaxe e potencian a curiosidade.

ADIANTE COAS LECTURAS!!!




luns, 9 de maio de 2022

NOVIDADES

 Bo día, Liliseparador@s!

Seguen chegando novidades á nosa biblio. Lembrade que podedes gozar delas na vosa quenda ou levalas en préstamo.



Espero que espertedes a vosa imaxinación e creatividade con este teatro de sombras e creedes novas historias cos vos@s compañeir@s utilizándoo como ferramenta de inclusión.




mércores, 4 de maio de 2022

TALLER PAPEL RECICLADO

 Ola, Liliseparador@s!

Sabíades que cada ano desaparecen no planeta entre 73000 e 93000 km2 de bosques, o que equivale á superficie dun país como Portugal?

 

A reciclaxe de papel é un proceso que non só axuda a minimizar a deforestación de bosques senón que tamén reduce significativamente a enerxia e a auga utilizadas no proceso.

Inmersos como estamos este curso en coidar o noso planeta, aprendemos o proceso de elaboración do papel reciclado dunha forma sinxela e divertida. 









Consumide responsable, reutilizade e reciclade por un futuro sostible do noso planeta!!!

MONSTROS VERDADEIROS AMEAZAN O PLANETA

 Bo día, Liliseparador@s!

Xa sei que o pasastes moi ben na xincana do Día do Libro por iso, déixovos aquí unha actividade interactiva recompilando todas as preguntas que vos fixemos para que practiquedes e aprendades a derrotar estes monstros que ameazan o noso planeta. 

ADIANTE LILIRRESCATADOR@S!!!

martes, 3 de maio de 2022

EMPREGAMOS AS NOVAS TECNOLOXÍAS PARA COÑECER MÁIS OS NOSOS APARELLOS

 Bo día, Liliseparador@s!

Ampliamos os nosos coñecementos sobre os aparellos do noso corpo grazas a unha nova app que temos na biblio. 

luns, 2 de maio de 2022

RETO LECTOR MAIO

 Bo día, Liliseparador@s!

Xa comezou maio e como xa sabedes cambiamos o reto lector. Este mes adicámosllo a autor@s galeg@s e homenaxead@s nas Letras Galegas. Espero que vos guste a miña selección. Recordade que todavía estades a tempo de engadir a vosa suxestión na entrada da biblioteca.

Adiante coas últimas lecturas!!!



venres, 29 de abril de 2022

BOOKTUBERS INFANTILES

 Bo día, Liliseparador@s!

@s máis pequen@s do cole convertíronse en BOOKTUBERS. Compartiron as súas opinións, apreciacións e recomendacións de lecturas entre os seus iguais, creando comunidades de lectores.

QUE CANTEIRA TEMOS NO COLE, APUNTAN MANEIRAS!!!


xoves, 28 de abril de 2022

XINCANA DÍA DO LIBRO- DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 Bo día, Liliseparador@s!

Esta semana fixemos unha xincana traballando así o Día Mundial da saúde e o Día do libro. Esta consistía en ir superando estacións con probas físicas e obtendo así cartas de gamificación de monstros que ameazan o noso planeta. Grazas ao xogo cooperativo conseguistes un agasallo para a vosa biblioteca de aula.

Só heroes e heroínas ambientais como vós podedes derrotalos!!! 



PARABÉNS LILISEPARADOR@S!